O Partido Comunista da Federación Rusa () é un partido político ruso da esquerda radical. Segundo maior partido da Rusia, é visto como herdeiro histórico do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) e do seu antecesor, o Partido Bolxevique. Non obstante, a súa estrutura e ideoloxías, como o abandono do ateísmo, difiren radicalmente do PCUS.

Historia O PCFR está liderado por Guennadi Ziuganov, que fundou o partido no inicio de 1993 cos antigos políticos soviéticos Yegor Ligachev e Anatoly Lukyanov, entre outros. Ziuganov era afillado político de Alexander Yakovlev, o "avó da glasnost", no Comité Central da PCUS. Tras o colapso da Unión Soviética en 1991, converteuse en membro activo do movemento nacional-patriótico ruso, e presidente da Fronte de Salvación Nacional.

Un novo movemento de esquerda foi formado por iniciativa do PCFR o 7 de agosto de 1996. Foi chamado Unión Popular Patriótica da Rusia (UPPR) e consistía en máis de 30 organizacións nacionalistas de esquerda e de dereita. En 1996, Ziuganov foi nomeado candidato á presidencia polo PCFR e foi apoiado pola UPPR. El recibiu apoio do preminente intelectual Aleksandr Zinovyev (disidente do réxime soviético que foi seguidor do comunismo durante a perestroika) e de Zhores Ivanovich Alferov, que vencería o Premio Nobel da Física en 2000.

Antigos membros de PCFR inclúen a políticos famosos que abandonaron o partido tras colidir as súas ideas coas de Ziuganov, que tiña o apoio da maioría dos membros. Entre os disidentes máis notábeis estiveron Gennady Seleznev (en 2001), Sergey Glazyev (en 2003) e Gennady Semigin (en 2004).

Ideoloxía miniatura|250x250px|Día dos traballadores na Rusia. A ideoloxía oficial do partido é o marxismo-leninismo, comunismo e o socialismo do século XXI. O PCFR enfatiza a súa orixe rusa e constantemente invoca o patriotismo e o nacionalismo, en unión ao marxismo-leninismo do PCUS. Ao contrario do PCUS tras 1956, o PCFR celebra o goberno de Iosif Stalin. Andrei Brezhnev, neto do líder soviético Leonid Brezhnev, criticou ao PCFR por abandonar o ateísmo e polo acercamento de Ziuganov á Igrexa Ortodoxa Rusa.

A maioría dos comentaristas políticos caracterizan a á dominante de Ziuganov como máis nacionalista (ou "patriótica-popular", como se autodefinen os militantes do partido) que marxista-leninista. Algúns consideran que a única facción do PCFR que pode ser ideoloxicamente definida como comunista é aquela ligada a Richard Kosolapov. De facto, esa á se opuxo á decisión do partido de lanzar a candidatura de millonarios como Sergei Sobko, unha vez que o PCFR posúe a eliminación da oligarquía como unha das súas metas.

Resultados electorais

Eleccións presidenciais DataCandidato1ª Volta2ª VoltaVotos%Votos%1996Guennadi Ziuganov24 211 68632,5 (#2)30 102 28840,7 (#2)2000Guennadi Ziuganov21 928 46829,5 (#2)2004Nikolay Kharitonov9 514 55413,8 (#2)2008Guennadi Ziuganov13 243 55018,0 (#2)2012Guennadi Ziuganov12 288 62417,2 (#2)

Eleccións lexislativas DataVotos%DeputadosStatus19936 666 40212,4 (#3)Oposición199515 432 96322,3 (#1)92ligazón=|alt=Aumento|11x11pxOposición199916 196 02424,3 (#1)44ligazón=|alt=Baixa|11x11pxOposición20037 647 82012,6 (#2)61ligazón=|alt=Baixa|11x11pxOposición20078 046 88611,6 (#2)5ligazón=|alt=Aumento|11x11pxOposición201112 599 50719,2 (#2)35ligazón=|alt=Aumento|11x11pxOposición20167.019.75213,34%Oposición

Traxectoria electoral Desde a súa fundación até os días actuais, o PCFR é o segundo maior partido político da Rusia, o maior da oposición.

En todas as eleccións desde o fin da Unión Soviética, o candidato do PCFR terminou a disputa en segundo lugar. En 1996, Ziuganov obtivo o apoio do 32% do electorado, contra o 32% de Boris Eltsin. En 2000, Ziuganov obtivo o 29% contra o 53% de Vladimir Putin. En 2004, Putin obtivo o 71% dos votos, contra só o 14% de Nikolay Kharitonov. En 2008, Ziuganov obtivo case o 18% dos votos. Conseguiu superar a Dmitri Medvedev nalgunhas vilas e cidades pequenas. Tras a elección, Ziuganov afirmou que os seus electores descubriron varios casos de fraude electoral e que el debería ter polo menos o 30% dos votos. El afirmou aínda que iría cuestionar os resultados na Xustiza Electoral. Algunhas semanas despois, o Comité Electoral Ruso admitiu que a maioría das reclamacións do PCFR tiñan fundamento, mais non cuestionou o resultado final das eleccións.

Electorado O PCFR é máis forte nos grandes centros industriais e científicos, cidades pequenas e nos municipios ao redor de Moscova. Por exemplo, unha pescuda de intención de voto en 2007 indicou que o PCFR obtivo o apoio da maioría da poboación ao redor da Universidade Estatal de Moscova.

O electorado do partido está composto principalmente de pensionistas, traballadores industriais e empregados de organizacións sen fins lucrativos. Nos últimos anos, o partido tamén tivo unha grande adhesión de grupos da xuventude de esquerda, como a Vangarda de Esquerda Vermella.

De acordo co Servizo Federal de Rexistro, 146.546 electores rexistráronse xunto ao goberno como membros do PCFR.

Véxase tamén

Outros artigos Partido comunista da Unión Soviética

Ligazóns externas Programa político do PCFR oficial do Partido Comunista da Federação Russa do Partido Comunista da Federação Russa

Categoría:Partidos comunistas Categoría:Política de Rusia