Hanabiko "Koko", nada o 4 de xullo de 1971 e finada o 21 de xuño de 2018, foi unha Gorilla gorilla gorilla coñecida por aprender un gran número de sinais dunha versión modificada da lingua de sinais americana. A súa coidadora, Francine "Penny" Patterson, afirma que Koko era quen de entender máis de 1 000 sinais do que Patterson chama "lingua de sinais gorila" (GSL). En contraste con outros intentos experimentais de ensinar a lingua de sinais a primates, Patterson expuxo ó mesmo tempo a Koko ó inglés falado dende moi cativa. A vida de Koko e o seu proceso de aprendizaxe foi recollido por Patterson e algúns dos seus colaboradores en libros, artigos, publicacións e na súa páxina web.

Ó igual que noutros experimentos lingüísticos con grandes primates, conforme Koko foi dominando e demostrando estes sinais, a súa habilidade foi discutida nun estudo publicado en 1999.Ward, B. (1999). Koko: Fact or Fiction?. American Language Review, 3(3), 12-15. Mais está xeralmente aceptado que non empregaba sintaxe ou gramática, e que o seu coñecemento da lingua non supera o que pode ter un neno moi pequeno.Michael W. Eysenck, 2000, Psychology: A Student's Handbook Taylor & Francis, p. 247Victoria Fromkin, Robert Rodman, Nina Hyams. 2013. An Introduction to Language. Cengage Learning, pp. 20-21William A. Haviland, Harald E. L. Prins, Dana Walrath, Bunny McBride. 2012. The Essence of Anthropology 3rd ed. Cengage Learning, p. 178Gisela Håkansson, Jennie Westander. 2013. Communication in Humans and Other Animals. John Benjamins Publishing, p. 131Joel Wallman.1992. Aping Language. Cambridge University Press, p. 20

Koko naceu no Zoolóxico de San Francisco e viviu a meirande parte da súa vida en Woodside, California, malia que o traslado a un santuario de Maui, Hawaii foi proposto dende a década de 1990. O nome é en lembranza do seu aniversario, que cadrou o 4 de xullo, día nacional americano. Koko tamén gañou notoriedade cando adoptou un gato.

Medios Koko e o traballo da doutora Patterson foron obxecto de varios libros e documentais. 1978 Koko: A Talking Gorilla, un filme documental de Barbet Schroeder. 1980 Congo, unha novela de Michael Crichton inspirada na historia de Koko. 1981 The Education of Koko, un libro de Patterson e o naturalista Eugene Linden. 1985 Koko's Kitten, un libro de fotografía de Patterson e Ronald Cohn. 1986 Silent Partners: The Legacy of the Ape Language Experiments, un libro de Eugene Linden. 1987 Koko's Story, un libro infantil de Patterson para Scholastic Corporation. 1990 Koko's Kitten, unha curta de 15 minutos da historia de como un gorila adopta un micho. 1995 Congo (filme), vagamente baseado na novela homónima de Crichton. 1999 A Conversation with Koko, un documental de PBS para "Nature" narrado por Martin Sheen. 1999 The Parrot's Lament, de Eugene Linden. 2000 Koko-Love!, un libro de fotografía de Patterson e Ronald Cohn. 2001 Koko and Robin Williams, unha curta sobre o seu encontro e amizade.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Patterson, Dr. Francine (1987). Koko's Kitten. Scholastic, Inc. ISBN 0-590-44425-5 Patterson, Francine e Wendy Gordon (1993) "The case for the personhood of gorillas" In: P Cavalieri e P Singer (Eds) The great ape project: Equality beyond humanity, St. Martin's Press, pp. 58–77. ISBN 9780312118181. Weiner, Jody (2005) "Hot Koko". California Lawyer p. 80. Weiner, Jody. "Hot Koko & the Fetching Cat". Kinship with Animals. Updated Edition Ed. Kate Solisti and Michael Tobias. San Francisco/Tulsa: Council Oak, 2006. 182-88. ISBN 978-1571781895

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Animais famosos reais Categoría:Artigos sen imaxes