miniatura|Bulgur cru. miniatura|Algunhas variantes de bulgur nun supermercado de Turquía. O bulgur (do turco bulgur) é un alimento feito de trigo duro escascado que se comercializa vaporizado, desecado e triturado, moi utilizado na cociña de Oriente PróximoDefinición e nome en galego en Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.

Nomes Coñecido como burghul nos países de Oriente medio (especialmente en Siria, Palestina e Líbano, onde é o ingrediente de pratos coma o tabulé, o kibbeh e mujaddara) e África do Norte, como bulgur en Turquía e trigo burgol en certos países de América Latina. A etimoloxía da palabra demostra que ten orixe turca ou persiana en forma de "burgul"."Definition of bulgur", Merriam-Webster (en inglés)"bulgur", en NişanyanSözlük (en turco)

Elaboración miniatura|Coza do trigo para facer bulgur nunha vila do centro de Turquía. Para a elaboración tradicional do bulgur, cócense os grans de trigo nun caldeiro profundo con auga, remexendo decote para que a coza sexa uniforme, e engadindo auga segundo se vaia consumindo. É unha coza longa, primeiro a lume forte e despois máis maino, para que o trigo se coza devagar. Unha vez feito, escóase e déixase secar ao sol nos eirados ou azoteas das casas durante varios días.Franconie, Hélène, Chastanet, Monique, Sigaut, François.

Tras esta operación os grans de trigo son esmagados nunha operación de moenda que dá por resultados uns grans crebados irregulares, tíraselles o farelo e calíbranse empregando peneiras de distinto calibre. Perfecciónase o enxugado deixando de novo o bulgur varios días a asollar. Obtéñense tres tipos de bulgur, groso, fino e moi fino. A longa cocedura e o coidadoso enxugado do bulgur fan que se conserve durante moito tempo. Doutra banda é un alimento precociñado, o que permite aforrar tempo e combustíbel no intre de o preparar para o seu consumo.

Contidos nutricionais miniatura|"Bulgur pilavı", unha comida turca, con iogur. O bulgur ten as mesmas propiedades nutricionais ca o trigo. Rico en ferro, fósforo, magnesio e vitaminas, o seu interese principal reside na súa riqueza en glícidos lentos. Ten un índice glicémico de 46.

Cen gramos de bulgur sen arranxar conteñen preto de: Enerxía: 1.500kJ/360 kcal Fibras: 8 g Proteínas: 12,5 g Carbohidratos: 69 g dos cales 0,8 g son azucres. Graxas: 1,75 g dos cales 0,2 g son graxas saturadas.

Notas 

Categoría:Pratos de cereais Categoría:Gastronomía de Turquía Categoría:Gastronomía de Oriente Medio Categoría:Vexetarianismo