Santiago de Gres é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 172 habitantes (88 mulleres e 84 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 174 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 146 habitantes, sendo 69 homes e 77 mulleres.

Cabe destacar a contorna coñecida como as Illas de Gres, no río Ulla na fronteira coa parroquia de Ponte Ledesma.

Desta parroquia é natural o escritor Xosé Neira Vilas e nela ten a súa sede a Fundación Xosé Neira Vilas e a Unión Musical Ponteledesma

Galería de Imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Gres, Vila de Cruces

Lugares e parroquias Lugares de Gres

Parroquias de Vila de Cruces

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Vila de Cruces

Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior