Antonio Fuentes Fernández, finado en Ourense a principios de marzo de 1914El Noroeste, 7-3-1914, p. 1., foi un médico e xornalista galego.

Traxectoria miniatura|200px|Redacción de El Eco de Orense en 1909. Fillo dun militar da primeira guerra carlista. Tiña consulta en Ourense dende 1872. Foi médico do cabido de Ourense entre 1880 e 1914. Segundo Otero Pedrayo foi presidente da Academia de Medicina en Ourense en 1883 e presidente do Colexio Médico-Farmacéutico de Ourense en 1887. Foi concelleiro de Ourense (1889-1893)El Regional, 27-10-1893, p. 2. e volveu ser concelleiro até 1899, cando renunciou ao ser nomeado médico titularBoletín Oficial de la Provincia de Orense, 15-12-1899, p. 1.. Colaborou en El Eco de Orense asinando co pseudónimo Wanderer as súas crónicas de supostas viaxes, e fíxose cargo da súa dirección en 1908La Correspondencia Gallega, 20-7-1908, p. 3.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Buscando en Rúa Gravina al Dr.Antonio Fuentes. Un galeno "trotamundos" en El Eco de Orense (1905)

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1914