O Parc Olympique Lyonnais, tamén coñecido como Grand Stade de Lyon ou Stade des Lumières, é un estadio de fútbol situado en Décines-Charpieu, nas aforas da cidade de Lión, en Francia.

Ten capacidade para 59.186 espectadores, sendo o terceiro máis grande de Francia. É propiedade do Olympique Lyonnais, que ata a súa inauguración o 9 de xaneiro de 2016 xogaba no Stade Gerland.

É unha das sedes da Eurocopa 2016 e da Copa Mundial Feminina de 2019.

Categoría:Estadios de fútbol de Francia Categoría:Olympique Lyonnais Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 2016