O Allianz Riviera é un estadio situado no barrio de Saint-Isidore de Niza, en Francia. Nel xoga os seus partidos o OGC Nice en substitución do antigo Stade du Ray.

Ten unha capacidade de 35.000 espectadores e foi inaugurado o 22 de setembro de 2013 despois de dous anos de obras. Foi unha das sedes da Eurocopa 2016.

Categoría:Estadios de fútbol de Francia Categoría:OGC Nice Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 2016