A tempada 1999-2000 da División de Honra B foi a segunda edición da nova segunda división do rugby en España, creada o ano anterior pola Federación Española de Rugby co nome de "Campionato de Liga Nacional Primeira Especial". Formato de competición Nesta edición o número de participantes pasou de oito a dez, e o formato foi máis sinxelo, contanto cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.
Os dez equipos participantes foron o Cisneros, CAU Valencia, CRAT e L'Hospitalet participantes na edición anterior; o CDU Sevilla, Valencia e Montjuic descendidos da División de Honra; o CAR ascendido da Primeira Nacional; o MARU que foi o resultado da fusión de La Moraleja (presente na anterior edición) e Alcobendas (acabado de ascender da Primeira Nacional); e o Bera Bera que descendera o ano anterior, pero que foi repescado ó quedar unha praza libre trala fusión do Alcobendas con La Moraleja.
A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.
Clasificación PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPC 1º. M.A.R.U.32 18 16 0 2 707 255 2º. C.D.U. Sevilla 32 18 16 0 2 602 294 3º. C.R. Cisneros 24 18 12 0 6 458 382 4º. R.C. Valencia 24 18 12 0 6 562 378 5º. C.A.R. 18 18 9 0 9 373 449 6º. C.A.U. Valencia 14 18 7 0 11 243 383 7º. C.R.A.T. 11 18 5 1 12 312 491 8º. C.N. Montjuic 10 18 5 0 13 371 497 9º. R.C. L'Hospitalet 8 18 4 0 14 262 536 10º. Bera Bera R.T. 7 18 3 1 14 287 512
Posicións de ascenso directo (1º e 2º). Posicións de descenso directo (9º e 10º).
PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos
PF - Puntos a favorPC - Puntos en contra
O campión da categoría foi o Moraleja Alcobendas Rugby Union
Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 1999-2000 Outros artigos División de Honra de Rugby 1999-2000
Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 1999 Categoría:Rugby en 2000