PROBA 1 (de Project for Onboard Autonomy 1) é un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 22 de outubro de 2001 mediante un foguete PSLV desde o Centro Espacial de Sriharikota, na India, nun lanzamento de órbita polar, para facer probas de varios novos sistemas e para estudar a Terra.
Foi seguido de Proba-2 (observador solar), Proba-V (seguidor da vexetación terrestre) e do par Proba-3,que creará eclipses solares artificiais en órbita para observar a coroa solar.
Características PROBA é principalmente un demostrador tecnolóxico con varios sistemas novedosos a bordo pero que tamén se adica a observar a Terra a través do seu instrumento principal, unha cámara espectral de alta resolución. O satélite é capaz de observar a mesma zona da Terra desde diferentes ángulos e pode gardar imaxes dunha zona de 18,6 km de lado cunha resolución de 18 metros. Os datos obtidos polos satélite son enviados á estación da ESA en Redu, Bélxica.
Nave O satélite ten forma de caixa e unha masa de 94 kg. Obtén a súa enerxía de células solares que recobren as paredes do satélite.
Instrumentos PROBA 1 leva os seguintes instrumentos a bordo:
CHRIS (Compact High Resolution Imaging Spectrometer): o instrumento principal de PROBA, é unha cámara de só 14 kg usada para fotografar a Terra e estudar o medio ambiente. Foi deseñada e desenvolvida por Sira Electro-Optics, do Reino Unido. Deixou de funcionar no 2022. SREM (Standard Radiation Environment Monitor): monitor de radiación ambiental. DEBIE (Debris In-Orbit Evaluator): un sensor de restos orbitais para estudar o lixo espacial. High Resolution Camera (HRC): unha cámara monocromática de alta resolución, ata 8 metros por píxel.
Fitos Será dos primeiros recollidos no espazo (por ClearSpace-1, da ESA, en 2028), despois de ter unha lonxevidade de máis dun cuarto de século ou ter instaladas as primeiras baterías de ión-litio a bordo.
Véxase tamén Outros artigos PROBA 2 Proba V. Lista de programas e misións da Axencia Europea do Espazo.
Ligazóns externas Páxina de PROBA na ESA Novas do proxecto Proba
Categoría:Satélites artificiais Categoría:Axencia Espacial Europea