Benito Castro Nogueira, nado en 1923 en Aldán e finado en Cangas de Morrazo o 27 de outubro de 2010, foi un párroco galego.
Traxectoria Comezou sendo párroco no ano 1957, na igrexa da Inmaculada Concepción, daquela situada no número 58 da Avenida de Ramón Nieto de Vigo. Foi artífice do levantamento da actual igrexa da Inmaculada Concepción, coñecida popularmente coma "Os Picos". Foi moi querido polos fregueses e deu acubillo no templo as asembleas de traballadores na etapa final do franquismo, o que fixo que fora vixiado pola policía da época.
Recoñecementos En 1993 déuselle o seu nome á segunda travesía da rúa de Toledo da cidade de Vigo, detrás da igrexa da Inmaculada Concepción.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Adiós al cura de "Los Picos" Faro de Vigo
Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Cangas de Morrazo