Prusia (en alemán: Preußen ou Preussen; en polaco: Prusy; en ruso: Пру́ссия; en latín: Borussia, Prutenia) foi un Estado do mar Báltico entre Pomerania, Polonia e Lituania que existiu dende finais da idade media. Despois de 1701, o seu nome estendeuse a un estado máis grande xurdido de Brandeburgo-Prusia, que finalmente abrangueu case toda a Alemaña do norte, e existiu ata o final da segunda guerra mundial. Como a segunda superpotencia alemá, Prusia tivo un papel importante no concerto europeo de potencias dende o século XVIII e foi un destacado centro da Ilustración. Iniciu progresivas reformas no século XIX e finalmente converteuse na forza impulsora detrás da fundación do estado nación alemán.

Orixinariamente, o nome Prusia só se refería ao núcleo do estado da Orde Teutónica na antiga área tribal dos prusios, un pobo báltico occidental, e os territorios que xurdiron fóra do Sacro Imperio Romano Xermánico. Despois de que o elector Hohenzollern de Brandeburgo (como Duque de Prusia en 1701) asumise o título de rei en Prusia, a designación xeral do reino de Prusia converteuse na norma para todas as posicións da súa casa dentro e fóra do imperio.

De ser un estado membro da Confederación Alemá dende 1815, o reino de Prusia converteuse no poder supremo da Confederación Alemá do Norte en 1866 e do Imperio Alemán en 1871. En 1918, transformouse no Estado Libre Republicano de Prusia, considerado o "baluarte da democracia" na República de Weimar. Porén, despois do golpe de estado de Prusia de 1932 e do Gleichschaltung durante a era nazi, o Estado libre perdeu a súa autonomía. Finalmente en 1947, o Consello de Control Aliado declarou a disolución de iure de Prusia.

Dende 2004, todos os territorios que unha vez pertenceron a Prusia, agás Kaliningrado, forman parte da Unión Europea.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Preußen Prusia

Categoría:Prusia Categoría:Estados da Idade Moderna