A 107ª edición da Milán-Sanremo disputouse o 19 de marzo de 2016 co tradicional percorrido de saída na cidade de Milán e chegada na de Sanremo de 293 quilómetros.

Este foi o primeiro monumento dos cinco da tempada e a cuarta carreira do UCI WorldTour 2016.

O gañador da clásica foi o francés do FDJ Arnaud Démare que se impuxo no sprint a Ben Swift (2º) e a Jürgen Roelandts (3º). Nese sprint tamén se viron vencidos grandes clasicómanos e sprinters como Nacer Bouhanni (4º), Greg Van Avermaet (5º), Alexander Kristoff (6º), Peter Sagan (12º) ou Alejandro Valverde (15º).

Equipos Na competición participaron 25 equipos. 18 do UCI WorldTour e 7 da categoría Profesional Continental. Comezaron un total de 199 ciclistas (8 por equipo) debido a que un corredor do Team LottoNL-Jumbo non se presentou e partiu con 7.

UCI WorldTour Equipo País Código AG2R La Mondiale ALM Astana AST BMC Racing Team BMC Cannondale CPT Dimension Data DDD Etixx-Quick Step EQS FDJ FDJ Giant-Alpecin TGA IAM Cycling IAM Team Katusha KAT Lampre-Merida LAM LottoNL-Jumbo TLJ Lotto-Soudal LTS Movistar Team MOV Orica-GreenEDGE OGE Team Sky SKY Tinkoff TNK Trek-Segafredo TFS

Profesional Continental Equipo País Código Androni Giocattoli-Sidermec AND Bardiani CSF BAR Bora-Argon 18 BOA CCC Sprandi Polkowice CCC Cofidis COF Novo Nordisk TNN Southeast-Venezuela STH

Clasificación Pos Ciclista Equipo Tempo 1º Arnaud Démare FDJ 6 h 54' 45" 2º Ben Swift Team Sky m.t. 3º Jürgen Roelandts Lotto-Soudal m.t. 4º Nacer Bouhanni Cofidis m.t. 5º Greg Van Avermaet BMC Racing Team m.t. 6º Alexander Kristoff Team Katusha m.t. 7º Heinrich Haussler IAM Cycling m.t. 8º Filippo Pozzato Southeast-Venezuela m.t. 9º Sonny Colbrelli Bardiani CSF m.t. 10º Matteo Trentin Etixx-Quick Step m.t. 11º Luis León Sánchez Astana m.t. 12º Peter Sagan 25px25px Tinkoff m.t. 13º Matteo Montaguti AG2R La Mondiale m.t. 14º Tom-Jelte Slagter Cannondale m.t. 15º Alejandro Valverde 25px Movistar Team m.t. 16º Jan Bakelandts AG2R La Mondiale m.t. 17º Niccolò Bonifazio Trek-Segafredo m.t. 18º Arthur Vichot FDJ m.t. 19º Simon Geschke Team Giant-Alpecin m.t. 20º Francesco Gavazzi Androni Giocattoli-Sidermec m.t.

Premios Puntos A París-Roubaix outorgou puntos aos corredores de equipos UCI WorldTour para o respectivo ránking. Posición  1º   2º   3º   4º   5º   6º   7º   8º   9º   10º  Puntos 100 80 70 60 50 40 30 20 10 4

Arnaud Démare gañou 100 puntos, Ben Swift 80, Jürgen Roelandts 70, Greg Van Avermaet 50, Alexander Kristoff 40, Heinrich Haussler 30 e Matteo Trentin 10. Nacer Bouhanni, Filippo Pozzato e Sonny Colbrelli non levan puntos porque non pertence a un UCI WorldTeam, si levan puntos de cara ao UCI World Ranking.

Véxase tamén Outros artigos Milán-Sanremo Milán Sanremo

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Ciclismo en 2016