Santalla de Árbol é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 30 habitantes (dezaoito homes e doce mulleres), once menos ca en 1999. Ten dúas entidades de poboación: Randulfe e Funsín.

Toponimia O topónimo Árbol é unha castelanización de árbore, xa documentado como Aruol e Arbol no catastro de Ensenada.

Festas As festas patronais son na honra de santa Eulalia e da Santa Cruz.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Árbol

Parroquias de Antas de Ulla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla

Categoría:Parroquias de Antas de Ulla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santalla