A Ichthyaetus hemprichii é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Características As gaivotas novas tardan tres anos en acadar a plumaxe de adulto. Case todo o corpo é dunha cor agrisada escura coa excepción da parte inferior do corpo e unha pequena liña do pescozo, ambas de cor branca. O peteiro é meirande có do resto das gaivotas, e é salientable a súa cor verde. Hábitat exclusivo no litoral. Omnívora, ás veces tamén se alimenta de calaza.

Distribución Cría de xullo a setembro dende o Sur do mar Vermello ata o golfo Pérsico. En inverno viaxa ata a Canle de Suez.

Notas

Categoría:Láridos Categoría:Animais descritos en 1853