Piper é unha curtametraxe de animación por ordenador producida por Pixar Animation Studios e estreada no 2016. Dirixida por Alan Barillaro, foi emitido nos cines xunto co filme de Pixar Finding Dory o 17 de xuño de 2016. Na 89ª edición dos Oscar gañou o premio á mellor curtametraxe animada.
A curta conta a historia dunha famenta cría de ave escolopácida que aprende a superar a súa acuafobia. A inspiración da curta xurdiu a menos dunha milla dos Estudios Pixar en Emeryville, California, onde o veterano animador de Pixar e o director de Piper, Alan Barillaro, observaron o comportamento destas aves na costa e como buscaban o seu alimento entre as ondas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Curtametraxes de Pixar Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada Categoría:Filmes de 2016 en 3D