O picanzo pequeno (Lanius minor) é unha ave pertencente á familia dos lánidos.
Características Cunha lonxitude entre os 19 e 21 cm, atópase entre o picanzo real setentrional e o picanzo vermello.Coma todos os lánidos a cabeza é grande e redondeada. Peteiro forte e groso. Os adultos presentan o bandullo rosado. As ás negras cunha mancha branca na parte central. A cola presenta o centro negro e os laterais brancos. Dorso e cabeza agrisados. Presenta unha liña negra dende a fronte ata ben pasado o ollo. A gorxa e o queixo son brancos.
Distribución Cría en Italia, os Balcáns, Europa do leste, Anatolia, Cáucaso, sur de Rusia e ata Asia Central. Estas zonas son abandonadas durante a migración, que leva a especie a refuxiarse no sur de África. En España considérase o vertebrado máis ameazado, con dúas parellas nidificantes en 2015, nas provincias de Huesca e Lleida. Nese mesmo ano a Generalitat de Cataluña co apoio das asociacións ecoloxistas Trenca e WWF España chegaron a un acordo para a protección destas parellas, a conservación das zonas de cría e o inicio dun programa de cría en catividade (con polos liberados anualmente en Lleida), e así en 2017 a especie recuperouse ata totalizar en Cataluña 19 individuos con seis parellas nidificantes, liberándose 83 polos [http://trenca.org/projectes/la-trenca/ "La Trenca Conservació in situ de la trenca (Lanius Minor) a Espanya"] , trenca.org. En Galicia só se atopa como visitante ocasional HUYSKENS, G. e MAAS, P. 1971 "La migración de aves marinas en el NW de España". Ardeola Especial, 155-180. .
Notas
Categoría:Lánidos Categoría:Animais descritos en 1788