Os Coruña Atlantics son un equipo de fútbol americano da cidade da Coruña. O club foi fundado en 2015 e compite na Liga Galega de Flag Football (LGFF).

Historia Os Coruña Atlantics foron fundados en 2015 por un grupo de afeccionados ao fútbol americano da Coruña que adestraban no Parque de Vioño e que o día 12 de marzo dese mesmo ano inscribiron o club no Rexistro Oficial de Entidades Deportivas. Máis dun ano despois, o 10 de abril de 2016, o equipo xogou o seu primeiro partido oficial na primeira xornada da Liga Galega de Flag Football de 2016, derrotando os Santiago Black Ravens por 30-24 no campo dos Pinares, en Fene.Nova en La Voz de Galicia (12 de abril de 2016), citada en Na súa primeira participación na máxima categoría do flag football o equipo herculino finalizou na 4ª posición (penúltimo) cun rexistro de tres vitorias, cinco derrotas e ningún empate, anotando 140 puntos e encaixando 236.

O 3 de xullo de 2016 chegou o primeiro título da historia do club ao proclamarse campión da Segunda División da Liga Galega de Flag Football.

Palmarés 1 Segunda División LGFF: 2016

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Deporte na Coruña Categoría:Equipos de fútbol americano de Galicia