Manuel Antelo Varela, foi alcalde do concello de Vimianzo do franquismo durante moitos anos. Traxectoria

Substituíu no cargo a José Rivera Graíño, nomeado alcalde de Vimianzo após o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Baixo o seu mandato adquiríronse os terreos para a construción do campo municipal de fútbol ademais de participar na fundación da Soneira Sociedade Deportiva, converténdose no seu primeiro presidente o 29 de marzo de 1966.

Foi tamén o responsábel da construción da actual casa do concello presidindo unha nova praza e abandonando así a vella casa consistoral en 1972. As antigas dependencias municipais estaban entre a rúa Trasariz e o vello Camiño Real e o Concello tiña que pagar arrendamento polo predio. Como curiosidade, este mesmo rexedor compraría a antiga casa consistorial no 1979 por cariño.

Notas

Categoría:Alcaldes de Vimianzo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido