A 80ª edición da Frecha Valoa disputouse o mércores 20 de abril de 2016 na rexión da Valonia, en Bélxica. O percorrido foron 196 quilómetros ondulados e, a diferenza do 2015, comezou en Marche-en-Famenne e rematou como é habitual en Huy, na cima do famoso Muro de Huy.
Esta foi a segunda das Clásicas das Ardenas da tempada despois da Amstel Gold Race e antes da Liexa-Bastogne-Liexa. Tamén foi a décimo segunda carreira do UCI WorldTour 2016.
O gañador foi por terceira vez seguida e cuarta no seu palmarés (batendo así o récord de vitorias da carreira) o español do Movistar Team Alejandro Valverde que se impuxo no sprint final ao mozo francés do Etixx-Quick Step Julian Alaphilippe, que rematou na segunda posción por segunda vez consecutiva, e ao compañeiro do francés Daniel Martin.
Percorrido miniatura|right|250px|Perfil dos últimos 29km coa Côte d'Ereffe, a Côte de Cherave e o Muro de Huy. O trazado foi lixeiramente cambiado con respecto á edición anterior. Os trocos máis visibles foron o cambio da saída a Marche-en-Famenne e o remplazameto da Côte des 36 Tournants por dous ascensos á Côte de Solieres. En total, a carreira incluíu doce muros, contando as tres subidas ao Muro de Huy.
Equipos Na competición participaron 25 equipos: 18 do UCI WorldTour e 7 da categoría Profesional Continental. Comezaron un total de 199 ciclistas (8 por equipo, menos o Sky con 7). Destes 199 acabaron 163.
UCI WorldTour Equipo País Código AG2R La Mondiale ALM Astana AST BMC Racing Team BMC Cannondale CPT Dimension Data DDD Etixx-Quick Step EQS FDJ FDJ Giant-Alpecin TGA IAM Cycling IAM Team Katusha KAT Lampre-Merida LAM LottoNL-Jumbo TLJ Lotto-Soudal LTS Movistar Team MOV Orica-GreenEDGE OGE Team Sky SKY Tinkoff TNK Trek-Segafredo TFS
Profesional Continental Equipo País Código Cofidis COF Delko–Marseille Provence KTM DMP Fortuneo-Vital Concept FVC Stölting Service Group SSG Roompot–Oranje Peloton ROP Topsport Vlaanderen-Baloise VSB Wanty-Groupe Gobert WGG
Clasificación Pos Ciclista Equipo Tempo 1º Alejandro Valverde 25px Movistar Team 4 h 43' 57" 2º Julian Alaphilippe Etixx-Quick Step m.t. 3º Daniel Martin Etixx-Quick Step + 4" 4º Wout Poels Team Sky + 5" 5º Enrico Gasparotto Wanty-Group Gobert m.t. 6º Samuel Sánchez BMC Racing Team m.t. 7º Michael Albasini Orica-GreenEDGE m.t. 8º Diego Ulissi Lampre-Merida m.t. 9º Warren Barguil Team Giant-Alpecin m.t. 10º Rui Costa 25px Lampre-Merida m.t.
Véxase tamén Outros artigos Clásicas das Ardenas La Flèche Wallonne
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Ciclismo en 2016