Iain Eairdsidh MacAsgaill, tamén coñecido como Bàrd Bheàrnaraigh, e en inglés Iain Archie MacAskill, nado en Beàrnaraigh na Hearadh o 19 de febreiro de 1898 e finado o 4 de xuño de 1934, foi un granxeiro, gaiteiro, policía e poeta escocés.

Traxectoria Ao deixar o colexio en 1912 traballou como pegureiro e cando estoupou a primeira guerra mundial alistouse no 5º batallón dos Cameron Highlanders. Foi un dos gaiteiros que encabezaron a marcha das tropas na batalla de Loos en setembro de 1915. Ao final da guerra servía no 3º batallón."John Archie MacAskill" en Hebridean Connections. Tras a guerra foi policía en Glasgow entre 1919 e 1923 e membro da súa banda de gaitas, coa que gañou a competición mundial de bandas en 1920. Volveu á súa localidade natal en 1923 e traballou nunha granxa En 1925 emigrou a Australia a bordo do SS Themistocles.

Por mor da política migratoria australiana logrou terras e estableceu unha granxa de nome 'Borvedale', en Lake Varley en Australia Occidental, pero a partir de 1928 a súa situación fíxose crítica, pola conxuntura económica e os baixos prezos e acabou perdendo as súas terras, volveu traballar para outras granxas ata que morreu por problemas de saúde en 1934. Durante a súa estada en Australia escribiu a maior parte das súas poesías que recolleu Alick Morrison en forma de libro en 1961.

Obra 1961. An ribheid chiuil: being the poems of Iain Archie MacAskill 1898-1933, Bard of Berneray Harris. Ed. Alick Morrison (Stirling: printed for the editor by Learmonth)

Notas

Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Gaiteiros de Escocia Categoría:Músicos militares Categoría:Escritores de Escocia Categoría:Escritores en lingua escocesa