miniatura|250px|Antonio de Mendoza, vicerrei da Nova España (1569-1581). O título de vicerrei corresponde ao máis alto representante do rei nun estado, ou nunha colonia, do que é titular o monarca. Este estado ou colonia denomínase vicerreinado.vicerreinado no dicionario da RAG.
A vicerraíña é unha muller que exerce esta función, caso raro, porque dita función comprende tamén a comandancia militar do territorio, ou a esposa dun vicerrei.vicerrei no dicionario da RAG.
A alusión etimolóxica ao rei fai que o vicerrei estea considerado como máis importante que un gobernador xeral, incluso nos casos en que sexa sinónimo deste rango administrativo.
Nuns poucos casos, nalgunhas coroas, o título (e a función, a menos que o título non estea directamente ligado a ela) resérvase a membros da familia real.
Orixe do termo O título de vicerrei aparece no século XIV nun documento en latín de Pedro o Cerimonioso (1381). A mediados do século XVI introduciuse ns Coroa de Aragón a palabra virrey derivada da palabra visrei xa utilizada polo menos no século XV, e do catalán pasaría ao castelán visorey. Nos documentos da Corona de Aragón do século XV (1428), redactados en latín, empregábase o termo vice rex para referirse ao vicerrei de Sicilia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Aznar, Daniel; Hanotin, Guillaume; May, Niels F. (dir.) (2014): ''À la place du roi. Vice-rois, gouverneurs et ambassadeurs dans les monarchies française et espagnole (XVIe-XVIIIe siècles). Madrid
Categoría:Nobreza Categoría:Colonialismo