O coc de Fraga é un doce típico da localidade oscense de Fraga.Maria Vicente, (2009), La cocina de Fraga, Huesca, pag. 43 O ingrediente principal desta sobremesa é o marmelo que se corta en finos anacos e se alterna con capas de masa antes de ser enfornado. É moi popular en Fraga e pode atoparse nas pastelerías da vila. É unha sobremesa moi recoñecida, e dende 1994 posúe a marca «Aragón Calidad Alimentaria».Orde de 22 de marzo de 1994, pola que se aproba o Regulamento de Utilización da Marca «Aragón Calidad Alimentaria» para o Coc de Fraga

Características A forma é a dunha torta que se pode cociñar doce ou salgada. Pódese dicir que é tradicional o emprego do marmelo, aínda que se pode substituír por mazá. A masa é cocida finalmente no forno. Adóitanse poñer diversos froitos secos sobre a masa rectangular e o marmelo.

Notas

Categoría:Gastronomía de Aragón Categoría:Sobremesas