A cobra de capuchoLuís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 996. ISBN 84-95335-46-8 (Macroprotodon cucullatus, Geoffroy de Saint-Hilaire 1827) é unha serpe pertencente á familia Colubridae Macroprotodon cucullatus, sobre O réptil base de datos. .
Distribución e hábitat É común en África, desde Exipto ata Alxeria, pero encóntrase tamén en Israel e na illa de Lampedusa, onde probablemente foi introducida e onde agora está en declive. Tamén foi introducida nas illas Baleares(GL) C. Curto, VP Mellado, P. Geniez, El Din, Macroprotodon cucullatus, na Lista Vermella da IUCN de Especies Ameazadas, Versión 2021-3, IUCN. Encóntrase facilmente en muros en seco, no maquis mediterráneo e nas zonas máis áridas.
Descrición É unha especie de tamaño non particularmente elevado Macroprotodon cucullatus , en Arkive.: normalmente non superior a 45 cm de longo. É elegante, tanto pola súa librea, como pola súa configuración lonxilínea e áxil; ten unha cabeza pequena e ben trazada, a cabeza achatada e dous pequenos ollos con pupila oval.
Ten unha librea de tons gris castaño e na variedade itálica, un patrón de manchas ou barras no lombo e unha raia escura en ambos os lados do fociño, como se quixese conectar as ventas ao ollo. O lado ventral é colorido, con tonalidades do amarelo ao vermello, e pode ter estrías ou manchas negras.
Bioloxía A cobra de capucho é un predador nocturno. Comeza a súa actividade ao solpor, mentres que de día fica na cova, excepto para facer breves exposicións ao sol. Caza pequenos vertebrados, principalmente lagartos. É un colúbrido opistóglifo que mata as presas inxectando un leve veleno cos cabeiros inoculatorios que ten situados na parte posterior da mandíbula.
Reprodución A reprodución prodúcese cada dous anos: a femia pon de dous a seis ovos, de forma oblonga e cunha casca de tipo pergameo. Trala eclosión, as crías dificilmente alcanzan os 16 cm.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Corti, C.; Mellado, V.P.; Geniez, P.; El Din, S.B.; Martinez-Solano, I; Sindaco, R.; Romano, A.; 2009. IUCN (International Union for Conservation of Nature and Natural Resources) Red List Assessment, versión 3.1. . Consultado en outubro de 2013. Macroprotodon cucullatus (Geoffroy Saint-Hilaire, 1827)
Categoría:Colúbridos Categoría:Animais descritos en 1827