miniatura|Andrea Pollack en 1978 Andrea Pollack, nada o 8 de maio de 1961 en Schwerin, é unha ex-nadadora alemá, gañadora de seis medallas olímpicas coa República Democrática Alemá.

Traxectoria Especialista na modalidade bolboreta participou con 15 anos nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, logrando a medalla de ouro en 4×100 m estilos e 200 m bolboreta, con mellores marcas mundiais e a prata en 4x100 libres e 100 m bolboreta. Nos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova foi de novo campioa olímpica en 4×100 m libre e gañou a prata en 100 m bolboreta. En 1978 no Campionato do Mundo de natación en Berlín Oriental gañou dúas medallas de prata e unha de bronce.

Dopaxe Durante as investigacións por dopaxe na RDA atopáronse evidencias dun plan de dopaxe para atletas de elite, entre as que estaba Andrea Pollack,"Kinder - Spielbälle für Mediziner und Trainer" Berliner Zeitung, 8 de abril de 1994 e hai constancia que en outubro de 1977 deu positivo nun control de dopaxe interno."In der DDR-Dopingpraxis ist eine neue Ebene erreicht: Mit Suchtmitteln zum Weltrekord" Der Tagesspiegel, 8 de agosto de 1998

Notas

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Mecklemburgo-Antepomerania Categoría:Medallistas olímpicos en natación Categoría:Nadadores olímpicos de Alemaña Oriental Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola República Democrática Alemá Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola República Democrática Alemá Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1980