Muharem Serbezovski, nado en Skopje o 2 de maio de 1950, é un político, escritor e cantante bosníaco de orixe romaní macedonia, que foi un dos cantantes romanís máis populares na antiga Iugoslavia. Publicou 12 álbums e 22 sinxelos e EP, a súa principal inspiración foi a música romaní aínda que tamén adoptou outros estilos, en especial a música turca.Ljerka V. Rasmussen (2013) Newly Composed Folk Music of Yugoslavia. Routledge,, p. 99
Traxectoria Naceu no principal asentamento romaní de Skopje, Topaana, nunha familia numerosa,Carol Silverman (2012). Romani Routes: Cultural Politics and Balkan Music in Diaspora Oxford University Press. p. 203 seu pai era imán, malia todo a súa familia era pobre e tivo que traballar desde moi novo cantando en festas para gañar cartos.
En 1962 apareceu o seu primeiro sinxelo Kalajđiljar Kalaj Japar con cancións en turco. Logrou fama a finais da década de 1960, grazas á axuda do compositor Stevo Teodosievski e mais da súa dona, a cantante romaní Esma Redžepova. En 1968 publicou o seu segundo sinxelo, que incluía dúas cancións Džemile e Gili e halisake, a primeira en serbocroata, e a outra en romani, contou coa achega doutro amigo de Teodosievski, o clarinetista Medo Čun, e nelas están presentes tanto o seu estilo ornamental de cantar e a influencia turca que caracterizan a carreira de Muharem.
En 1969 Serbezovski deixou Skopje, ao primeiro estableceuse en Belgrado, a capital iugoslava e o seu principal centro cultural. E logo en 1975 en Saraxevo. A capital bosníaca entón experimentaba unha intensa vida cultural e unha atmosfera cosmopolita e oriental que atraeron ao cantante.
Aínda que o seu estilo se inspira na música turca e en menor medida na árabe, tamén explorou a cultura india, moi influído polo cinema indio e a propia orixe india dos romanís, moitas cancións de Serbezovski amosan esa influencia, principalmente Ramu, Ramu e Ramajana, ámbalas dúas de 1974. A primeira fai referencia a un personaxe do filme indio homónimo e a segunda ao poema épico hinduísta Ramayana.
Traballou con varios intérpretes iugoslavos como o seu propio irmán, Ajnur Serbezovski, con quen editou un sinxelo en 1976 e un álbum en 1982. Colaborou tamén con Toma Zdravković e Sinan Sakić. Non obstante amosar orgullo pola súa orixe romaní cantou poucas veces en romaní, editando temas principalmente en serbocroata. Durante a guerra de Bosnia identificouse plenamente como bosníaco e cantou moitas cancións de guerra.
Literatura Serbezovski foi responsable da primeira tradución ao romaní do Corán, fíxoo continuando o traballo de seu pai e publicouse en 2005. En 1983 saíu ao prelo a súa primeira novela Šareni dijamanti, seguíronlle Cigani a kategorije en 1985, Za dežjem pride sonce: dva romana en 1986, e un volume de poesía, Nitko ne zna puteve vjetrova i Cigana en 1999. Tamén publicou o ensaio, Cigani i ljudska prava en 2000. Nas súas obras de ficción trata da identidade romaní.
Política Muharem Serbezovski implicouse durante a década de 2000 na política bosníaca, nun equilibro entre o activismo romaní e a súa propia asimilación na cultura bosníaca. Formou parte do Partido para Bosnia e Herzegovina, un partido nacionalista bosníaco de dereitas e resultou elixido para o Parlamento de Bosnia no período 2007-2011 coa pretensión de representar ao pobo romaní no panorama político bosníaco. Acusado en 2009 de pegarlle a unha muller declarou que a violencia contra da muller era normal e parte da tradición dos Balcáns, o que causou consternación entre a opinión pública e as ONG que loitaban para coutar a violencia contra as mulleres. En 2010 deixou o seu partido acusando os seus dirixentes de discriminación. Discografía Álbums
Muharem Serbezovski, PGP-RTB, 1973. Hej, čergari, hej, drugari , PGP-RTB, 1976. Muharem i Ajnur Serbezovski, Jugoton, 1982 (con Ajnur Serbezovski). Disko Orijent, Jugoton, 1982. Dođi mi u godini jedan dan, Jugoton, 1983. Zašto su ti kose pobelele druže, PGP-RTB, 1984. Teška beše našata razdelba, PGP-RTB, 1985. Muharem Serbezovski, Jugoton, 1986 (co conxunto Crni Dijamanti). Zaljubih se..., Diskoton, 1987 (co conxunto Crni Dijamanti). Srećan 8. Mart, Diskoton, 1989 (co conxunto Crni Dijamanti). Bože, Bože, kakva je to žena, Diskoton, 1989. Lejla, Diskoton, 1991 (co conxunto Crni Dijamanti).
EPs
Kalajđiljar Kalaj Japar, Jugoton, 1962. Džemile, PGP-RTB, 1968. Šta će mi bogatstvo, PGP-RTB, 1969. Još uvek te volim, PGP-RTB, 1970. Alisa ne idi, PGP-RTB, 1971. Šeherezada, PGP-RTB, 1971. Spavaj, čedo, spavaj, PGP-RTB, 1972. Osman Aga, PGP-RTB, 1973. Srce cigansko, PGP-RTB, 1973. Ramajana, PGP-RTB, 1974 (coa agrupación de Medo Čun). Ramu, Ramu, PGP-RTB, 1974.
Sinxelos
Ciganin sam i umem da volim, PGP-RTB, 1970. Ciganko vatrenog oka, PGP-RTB, 1971. Čekaću te ja, PGP-RTB, 1973. Zeleno, zeleno, PGP-RTB, 1975. Hajde svi da pevamo, PGP-RTB, 1975. Da li hoćeš, brate, Aliju, PGP-RTB, 1976 (con Ajnur Serbezovski). Ramajana, PGP-RTB, 1977. Zašto su ti kose pobelele druže, PGP-RTB, 1977 (co conxunto Crni Dijamanti). U haremu, Jugoton, 1979. Suzana, volim te, Jugoton, 1979. Pesma prijatelju, Jugoton, 1980.
Recompilacións Muharem Serbezovski, PGP-RTB, 1975. Braća Serbezovski, PGP-RTB, 1983 (con Ajnur Serbezovski). Legende narodne muzike, Extra Music, 2008 (con Novica e Toma Zdravković). 39 velikih hitova, Extra Music, 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Interpretando Za vencanim stolom
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Skopje Categoría:Escritores de Bosnia e Hercegovina Categoría:Políticos de Bosnia e Hercegovina Categoría:Tradutores do árabe Categoría:Escritores en lingua serbocroata Categoría:Escritores en lingua romaní Categoría:Músicos de Bosnia e Hercegovina