Mileto (Militu en dialecto calabrés; Μίλητος Miletos, en grego antigo) é un municipio (comune) da provincia de Vibo Valentia, en Calabria, (Italia) de 6.809 habitantes,Ano 2012, Comune: Mileto . Datos do ISTAT. situado sobre un outeiro de forma alongada ao leste da cordilleira de Monte Poro e ao sur da capital da provincia, Vibo Valentia.
Historia
As orixes de Mileto remóntanse á época da antigüidade grega. Encontráronse restos dunha vila romana que data do século II, construída sobre outra de época anterior.
Na época bizantino a cidade foi conquistada polos normandos, converténdose na capital do condado de Roxerio de Hauteville.
Roxerio II, primeiro rei de Sicilia, da familia dos Hauteville, estableceu nela a súa residencia, o que fixo da cidade un dos centros máis importantes non só de Calabria, senón de toda Europa.
miniatura|esquerda|150px|Igrexa da Trindade. A cidade foi sede episcopal desde o século XI, cando Roxerio obtivo a fundación do episcopado do papa Gregorio VII.
Hoxe quedan os restos dunha Catedral, fundada en 1081 e da Abadía beneditina da Santísima Trindade.
Despois do terremoto de 1783 que destruíu a antiga cidade, unha nova Mileto contruiuse cerca de 2 km ao oeste nun lugar chamado "Villa del vescovo".
A finais de xaneiro de 1799 o cardeal Fabrizio Ruffo viaxou a Palermo para presentar ao rei Fernando IV de Nápoles, que se refuxiara alí escapando da República Partenopea creada polos xacobinos, un proxecto de reconquista do seu Reino.
miniatura|esquerda|150px|O cardeal Ruffo.
Aceptado o plan, o cardeal creou o Exército Católico Real e volveu a Nápoles onde contou co apoio dos napolitanos. Miles de homes preparáronse para loitar contra os xacobinos en defensa dos Borbóns. E o 13 de xuño de 1799, Fernando IV restaurou a monarquía borbónica.
O 28 de marzo de 1807 o pobo viviu o enfrontamiento entre o exército napolitano e o francés que, baixo o mando do xeneral Reynier, gañou a batalla de Mileto o que supuxo o dominio da rexión por Napoleón durante unha década.
O 27 de agosto de 1860 Giuseppe Garibaldi chegou a Mileto antes de completar a conquista do Reino de Nápoles.
Durante a segunda guerra mundial, o 16 de xullo de 1943, Mileto foi atacada por algúns avións estadounidenses que escoltaban os bombardeiros de Vibo. O ataque matou 39 civís, na súa maioría mulleres e nenos. A cidade de Mileto recibiu a medalla de bronce do Mérito Civil o 16 de xullo de 2008.
Evolución demográfica No censo de 1991 Mileto rexistraba unha poboación de 7.492 habitantes. No censo de 2001 rexistrou unha poboación de 7.157 habitantes, polo que na década 1991-2001 a poboación sufriu unha diminución do 4,47 %.
Os habitantes distribúene en 2.435 núcleos familiares cunha media por núcleo familiar de 2,94 compoñentes.
Etnias e minorías estranxeiras Segundo datos do ISTAT (Istituto nazionale di statistica de Italia) ao 31 de decembro de 2010, os cidadáns estranxeiros residentes eran 149 persoas.
As nacionalidades maioritarias sobre o total da poboación residente eran: Romaneses 47 (0,66 %) Ucraínos 29 (0,41 %) Polacos 22 (0,31 %)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina web oficial de Mileto .
Categoría:Xeografía de Italia