A xerarquía da morte (Hierarchy of death en inglés) é un concepto empregado polos xornalistas para definir a sobreatención por parte dos medios de comunicación a fenómenos tráxicos se estes se producen en países desenvolvidos, afectan a xente oriúnda do país, e pertencen á raza branca, en comparación coa menor cobertura dos medios a sucesos que non cumpran estas característica.

Un dos xornalistas que máis escribiu sobre o tema é o escocés Allan Massie.

A rede social Facebook foi tamén criticada por participar na cultura da xerarquía da morte, ao permitir mudar a foto de perfil dos usuarios cunha bandeira de Francia coma mostra de solidariedade cos atentados de París de novembro de 2015, mentres que non ofertaba tal opción para o atentado que se producira no Líbano só un día antes, o que moitos cualificaron de agravio comparativo. A mesma rede social tamén activou unha ferramenta que permitía a todo aquel que se atopase en París avisar a súa familia que se atopaba a salvo.

Outros fenómenos que se poderían cualificar como con atención desproporcionada por estaren sometidos ao fenómeno da xerarquía da morte son o accidente aéreo de Germanwings ou os atentados da maratón de Boston.

Fenómenos similares O fenómeno da xerarquía da morte é similar ao que acontece coa síndrome da muller branca desaparecida. Notas

Véxase tamén Outros artigos Racismo Ligazóns externas "A hierarchy of death" Artigo de opinión de Roy Greenslade no xornal The Guardian.

Categoría:Xornalismo