O parrulo castaño (Aythya nyroca) é unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae que habita en Europa, África e Asia. É un pato mergullador pequeno, estreito e de tons marróns, clasificado como especie case ameazada.

Descrición esquerda|miniatura|A femia (esq.) e o macho (dta.) diferéncianse inmediatamente pola cor dos seus ollos, ademais da tonalidade da plumaxe. esquerda|miniatura|Macho no Reino Unido. O parrulo castaño mide entre 38 e 42 cm de lonxitude, cunha envergadura de 63 a 67 cm, e adoita pesar entre 400 e 700 g.Mark Beaman, Steve Madge (1998). Guía de las aves de Europa, norte de África y próximo oriente. Ed. Omega. p. 144. ISBN 8428209464. A plumaxe do macho é principalmente de cor castaña avermellada escura, coa parte superior parda escura e a zona infracaudal de cor branca pura. Tamén son brancos a parte superior do seu ventre, a parte inferior das súas ás e unha lista que percorre a parte superior das súas plumas de voo, aínda que, salvo a cola, as súas partes brancas non adoitan quedar expostas excepto cando están en voo. Caracterízase polos seus ollos de iris esbrancuxado. O seu pico é denegrido verdoso, e as súas patas son verdosas.

A femia ten un patrón de plumaxe similar pero de tons pardos máis apagados, con manchas difusas nos flancos, ademais do centro do abdome e as cobertoiras inferiores da cola brancas como o macho. O seu pico é gris escuro e as patas son grises verdosas. A diferenza do macho, presenta os ollos castaños. Os xuvenís son de tons similares ás femias, pero coas partes inferiores xaspeadas e o branco do ventre e a cola máis sucio.

O parrulo castaño presenta unha voz infrecuente: o macho emite un son rasposo e a femia un gruñido áspero.

Taxonomía e etimoloxía O parrulo castaño foi descrito cientificamente polo naturalista xermanorruso Johann Anton Güldenstädt en 1770, co nome de Anas nyroca. Posteriormente foi trasladado ao xénero Aythya, creado por Friedrich Boie en 1822.Janet Kear (2005), Ducks, Geese and Swans: Species accounts (Cairina to Mergus). Oxford University Press, vol. 2, p. 659. ISBN 0198546459<Tageb.ReiseNorwegen p.308,351 É unha especie monotípica, é dicir, non se recoñecen subespecies diferenciadas.Frank Gill e David Donsker. Screamers, ducks, geese & swans. IOC World Bird List versión 5.1.

A etimoloxía do nome do seu xénero, Aythya, procede da palabra grega αἴθυια (aithuia), unha ave mariña sen identificar citada por Aristóteles.Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 64. ISBN 978-1-4081-2501-4. En cambio, o seu nome específico, nyroca, procede do termo ruso nyrok aplicado a un tipo de pato.

Distribución e hábitat esquerda|miniatura|Macho en Hungría. miniatura|Exemplar xuvenil mostrando o branco sucio das súas partes inferiores. É un pato que cría nas zonas tépedas do sur e leste de Europa e Asia central, así como en zonas subtropicais diseminadas polo sur de Asia e o norte de África. As poboacións do leste de Europa e Asia central son migratorias, e pasan o inverno no sur de Asia, a rexión mediterránea, o val do Nilo e o Sahel. En cambio a maioría das poboacións do Mediterráneo son sedentarias, así como algunhas diseminadas polo sur de Asia.

Na Península Ibérica ten presenza permanente no sur e no leste, aínda que é moi escaso. En España atópase catalogado como especie en perigo de extinción segundo o último catálogo nacional de especies ameazadas (CNEA). No resto de Europa tamén é pouco abundante, sendo a catalogación do estado da súa conservación de especie case ameazada, debido á destrución e deterioración humanas dos seus hábitats.

Cría en lagos e esteiros con beiras densamente poboadas por vexetación palustre. Pasa o inverno en grandes extensións de auga doce máis abertas e ríos de curso lento, e de cando en vez en albufeiras.

Comportamento É un pato mergullador de augas pouco profundas. Adoita ser unha ave bastante confiada. Aínda que son bos voadores, para levantar o voo requiren dunha pequena carreira, chapuzando sobre a superficie da auga até logralo, polo que adoita mergullarse cando se ve en perigo.

Alimentación Para conseguir o seu alimento dedícase a mergullarse en augas pouco profundas, xeralmente de menos dun metro. É unha especie omnívora, aínda que na súa dieta a materia vexetal predomina sobre a animal.BirdLife International Aliméntase de sementes, plantas acuáticas e vexetación profunda, e complementa esta dieta con miñocas, moluscos, insectos e cágados.

Reprodución miniatura|Ovo de parrulo castaño. O retorno aos cuarteis de cría empeza a principios de marzo, aínda que a época de cría é de abril até agosto. O seu niño é unha acumulación de xuncos e outras plantas escondido xunto á beira ou sobre a vexetación flotante. A súa posta adoita ser de 6 a 12 ovos, de cor amarela crema con ton verdoso, e realízase entre maio e xuño. A incubación realizada só pola femia dura de 25 a 27 días. Os pitos tardan 55 ou 60 días en desenvolverse e adquirir o voo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Animais descritos en 1770 Categoría:Anátidos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Aves de Eurasia