Path of Exile é un videoxogo de rol en liña free-to-play desenvolvido e publicado por Grinding Gear Games, financiado por microtransacións. Publicouse unha beta aberta o 23 de xaneiro de 2013, e o xogo publicouse oficialmente o 23 de outubro de 2013.
O xogador controla a un único personaxe dende unha perspectiva cenital e debe explorar varias zonas abertas de exteriores así como covas e alxubes, loitando contra varios monstros e completando varias misións fornecidas por NPCs para gañar puntos de experiencia e conseguir mellores armas e armaduras. O xogo está fortemente inspirado na serie de videoxogos Diablo, particularmente no videoxogo Diablo II. GameSpot nomeouno o "Xogo do Ano de PC" de 2013, e para IGN foi o "Mellor xogo de rol de PC de 2013". A data de febreiro de 2014, o xogo tiña uns cinco millóns de xogadores rexistrados.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2013 Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Nova Zelandia Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos Free-to-play