é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido por Clover Studio e publicado por Capcom. Foi estreado para PlayStation 2 de Sony Computer Entertainment no 2006, no Xapón e en América do Norte, e no 2007 en Europa e Australia. Malia o peche da Clover Studio uns meses despois do lanzamento inicial do xogo, unha versión para a consola Wii de Nintendo foi desenvolvida e producida por Ready at Dawn, Tose e Capcom, que se estreou en América do Norte en abril de 2008, en Europe en xuño de 2008, e no Xapón en outubro de 2009.

Ambientado no Xapón clásico, o xogo combina mitos e lendas xaponesas para contar a historia de que como a terra foi salvada da escuridade pola deusa do Sol xintoista, chamada Amaterasu, que toma a forma dun lobo branco. Incorpora un estilo baseado inspirado no sumi-e e o no pincel celestial, un xesto co rato do computador que fai milagres.

Ōkami foi un dos derradeiros xogos de PlayStation 2 escollidos para a súa estrea antes do lanzamento de PlayStation 3. Malia que sufriu polas escasas vendas, o xogo recibiu a aclamación da crítica, conseguindo o título de "Xogo do ano" de 2006. A popularidade do xogo medrou co tempo, e hoxe está considerado como un dos mellores xogos xamais realizados, así como un exemplo pioneiro da expresión artística nos videoxogos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ōkamiden Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Videoxogos de 2006 Categoría:Videoxogos de Capcom Categoría:Videoxogos de mundo aberto Categoría:Videoxogos de PlayStation 2 Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América Categoría:Videoxogos de Wii