Ann Meekitjuk Hanson (inuktitut: ᐋᓐ ᒦᖀᑦᔩᒃ ᐦᐋᓐᓱᓐ), nada o 22 de maio de 1946 en Qaktut, é unha escritora, xornalista e política de Nunavut. Foi a comisionada de Nunavut dende o 21 de abril de 2005 ata o 10 de abril de 2010. Traxectoria A Hanson, como todo inuit nacido entre a década de 1940 e a de 1970, o goberno do Canadá etiquetouna cun número de disco, ou ujamiit que no seu caso era E7-121.

Os primeiros 11 anos da súa vida só sabía falar inuktitut e viviu en Qakutut e Kimmirut. Logo foi a escolas en Iqaluit, Baker Lake (Qamanituaq) e Toronto, onde a coñecían como Annie Cotterill. Estudou desenvolvemento comunitario na Universidade de San Francisco Xavier e xeografía na Universidade de Windsor mais tamén recibiu se graduou en 1989 en xornalismo na Nunavut Arctic College.

Realizou diversas funcións, como traballadora pública, personalidade da radio, xornalista e escritora. Traballadora pública dende 1964, foi secretaria e intérprete do deputado federal Eugène Rhéaume e vicecomisionada dos Territorios do Noroeste de 1987 a 1992Sharon Anne Cook, Lorna R McLean e Kate O'Rourke (2001) Framing Our Past: Constructing Canadian Women's History in the Twentieth Century McGill-Queen's Pres, p. 378.

Entrou na CBC como recepcionista, e máis tarde converteuse en voz dos anuncios e produtora das emisións en inuktitut. Traballou tamén para a Inuit Broadcasting Corporation producindo documentais, como Starting Fire with Gunpowder (1991)Pamela R. Stern (2013) Historical Dictionary of the Inuit Scarecrow Press, p. 73. Hanson foi a primeira editora do periódico comunitario Inukshuk, que máis tarde se converteu no semanario Nunatsiaq News. É a autora de Show Me (1991) un libro escrito en inuktitut e inglés e Tumiit integramente en inuktitut.

Notas

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Nunavut Categoría:Personalidades da radio Categoría:Escritores inuit Categoría:Escritores en lingua inuktitut Categoría:Alumnos do Colexio Ártico de Nunavut