Project MUSE é unha base de datos dixital en liña que parte dunha colaboración sen ánimo de lucro entre bibliotecas e editoriais, contendo revistas académicas revisadas e libros electrónicos Project MUSE fornece aceso a contido de humanidades e ciencias sociais de máis de 250 editoriais universitarias e sociedades académicas de todo o mundo. Fundouse no ano 1993 como un proxecto conxunto entre a editorial da Universidade Johns Hopkins e a Biblioteca Milton S. Eisenhower. Recibiu axudas económicas da Fundación Andrew W. Mellon e da National Endowment for the Humanities. Publicouse e n liña no ano 1995, e dende o ano 2000 outras editoriais foron integrándose nas coleccións en liña.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Bibliotecas dixitais