Gabriel Miró, nado en Alacant o 28 de xullo de 1879 e finado en Madrid o 27 de maio de 1930, foi un escritor valenciano.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia acomodada e entre 1887 e 1892 estudou cos xesuítas en Orihuela. Logo dunha estadía breve en Cidade Real rematou o bacharalato en Alacant (1896). Estudou dereito nas universidades de Valencia e Granada, licenciouse en 1900. Casou en 1901 con Clemencia Maignon, coa que tivo dúas fillas. Opositou a xuíz sen éxito e traballou en diversos empregos burocráticos. Aínda que publicara a súa primeira novela en 1902, La mujer de Ojeda, non foi ata 1908 cando consegue o seu primeiro recoñecemento con Nómada, que gañou o concurso do Cuento semanal e sobre todo con Las cerezas del cementerio (1910). En 1914 trasladouse a Barcelona, onde en 1915 publicou El abuelo del rey, en 1920 trasladouse a Madrid e alí apareceron Nuestro padre San Daniel (1921) e El obispo leproso (1926).
Bibliografía do autor La mujer de Ojeda, 1901. Hilván de escenas, 1903. Del vivir, 1904. La novela de un amigo, Alacant, 1908. Nómada, 1908. La palma rota, 1909. El hijo santo, novela curta, 1909. Amores de Antón Hernando, novela curta Las cerezas del cementerio La señora, los suyos y los otros, 1912, novela curta Del huerto provinciano, Barcelona, 1912, contos El abuelo del rey, Barcelona, 1915. Dentro del cercado, Barcelona, 1916. Figuras de la Pasión del Señor, 1916 e 1917. Libro de Sigüenza, 1917. El humo dormido, Madrid, 1919. El ángel, el molino y el caracol del faro, Madrid, 1921. Nuestro padre San Daniel, Madrid, 1921. Niño y grande, Madrid, 1922. El obispo leproso, Madrid, 1926. Años y leguas, Madrid, 1928. Obras completas, Madrid, 1931, editado polos "Amigos de Gabriel Miró". Tamén Biblioteca Nueva publicou as súas Obras completas, Madrid, 1942.
Véxase tamén Bibliografía sobre o autor Guardiola Ortiz, José, Biografía íntima de Gabriel Miró. Alacant: Imprenta Guardiola, 1935. Ramos, Vicente, El mundo de Gabriel Miró. Madrid: Gredos, 1964.
Ligazóns externas Completa biografía de Gabriel Miró Artigo sobre Gabriel Miró na enciclopedia GER
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en Alacant Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1930