Francisco Javier Antón Díaz, nado en Dos Hermanas (Sevilla) o 18 de setembro de 1974 e máis coñecido como Javián, é un cantante e enxeñeiro técnico industrial español que saltou á fama como concursante da primeira edición de Operación Triunfo.
Traxectoria Tras o seu paso polo programa en 2001, formou parte do grupo Fórmula Abierta con tres dos seus compañeiros entre 2002 e 2004. En 2007 participou no reality Supervivientes. Realizou estudos de enxeñería técnica industrial electrónica. Participou en varios musicais e actualmente atópase no grupo La Década Prodigiosa, no que volveu coincidir con Mireia, excompañeira de OT e Fórmula Abierta.
En outubro de 2016 participou en OT: El Reencuentro xunto aos seus 15 excompañeiros, unha serie de tres documentais e un gran concerto para rememorar os 15 anos da primeira edición do programa.
Discografía Fórmula Abierta Aún hay más (2002) La verdad (2003) Fórmula 04 (2004)
Sinxelos: "Te quiero más" (2002) "Mi cruz, mi fe" (2002) "Dile sí al amor" (2002) "Hello my friends" (2003) "Ya llegó el carnaval" (2004) "Qué calor" (2004) "Salsa para vivir" (2005)
En solitario No somos héroes (2016)
Categoría:Cantantes de España Javian Categoría:Nados en Dos Hermanas Categoría:Nados en 1974