Roxelio III de Sicilia, nado contra 1175 e finado en Palermo o 24 de decembro de 1193,Necrologium Liciense, Ed. Winkelmann, en Forschungen zur deutschen Geschichte, XXVIII, p. 476 (1888). foi un príncipe normando da familia dos Hauteville, que foi duque da Puglia e despois correi de Sicilia entre os anos 1191 e 1193. Algunhas moedas (follari) cuñadas en Mesina amosan os nomes de Tancredo e Roxerio como reis.Grierson, P.; Blackbur, M. A. S.; Travaini, Lucia (2008). Páxina 79.
Traxectoria Roxerio foi o fillo primoxénito do rei Tancredo I de Sicilia e da súa esposa Sibila de Acerra.
En 1189 foi nomeado polo seu pai duque da Puglia, como confirmación da súa condición de herdeiro, e en 1191 foi nomeado correi xunto co seu pai.
Un ano máis tarde contraeu matrimonio na catedral de Brindisi con Irene Anxo, filla do emperador bizantino Isaac II Anxo.Annales Casenses 1193, MGH SS XIX, p. 317.
Fíxose cargo das rendas do Reino durante as loitas polo trono de Sicilia que o seu proxenitor mantiña contra o emperador xermánico Henrique VI Hohenstaufen, que viña reclamando o Reino desde varios anos antes baseándose nos dereitos da súa esposa, Costanza I de Sicilia, filla póstuma do rei Roxerio II de Sicilia, e pretendente lexítima desde 1189,Guglielmo III d'Altavilla, re di Sicilia. pero en decembro de 1193 enfermou e morreu á idade de 18 anos.
Sucedeuno como correi o seu irmán Guillermo. O seu pai Tancredo falecería o 20 de febreiro de 1194. E Henrique VI invadiría o Reino, apresando á súa familia e casando á súa viúva co seu irmán Filipe de Suabia.
Antepasados
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aubé, Pierre (2001): Roger II de Sicilie. París: Payot & Rivages. ISBN 2-2288-9414-1. Bogdan, Henry (2003): Histoire de l'Allemagne de la Germanie à nos jours. París: Perrin. ISBN 2-262-02106-6. Grierson, P.; Blackbur, M. A. S.; Travaini, Lucia (2008) (eds.) Medieval European Coinag.,Vvol. 14: Italy (III) (South Italy, Sicily, Sardinia. Cambridge University Press, 1998). Houben, Hubert (2002): Roger II of Sicily: A Ruler Between East and West. Cammbridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5216-5573-6. Norwich, John Julius (1970): The Kingdom in the Sun (1130-1194). Londres: Longmans. ISBN 978-0-5711-0903-6.
Outros artigos Reino de Sicilia Lista de soberanos de Sicilia e Nápoles Roxerio II de Sicilia Tancredo de Sicilia Guillerme II de Sicilia Guillerme III de Sicilia Costanza I de Sicilia Henrique VI Casa de Hauteville Normandos
Ligazóns externas Roger III King of Sicily en Projects/MedLands . Consultada o 9 de novembro de 2016. Francesco Panarelli, Guglielmo III d'Altavilla, re di Sicilia, en Dizionario Biografico Treccani . Consultada o 9 de novembro de 2016. Gaetano Moroni (1854): Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica. Tipografia Emiliana, páx. 179.
Categoría:Reis de Sicilia Categoría:Historia de Sicilia Categoría:Século XII Categoría:Casa de Hauteville Categoría:Normandos Categoría:Nados en 1175 Categoría:Finados en 1193