Francisco Garmendia Agirrezabalaga, nado en Azpeitia, en 1946 e finado en Zumaia o 3 de decembro de 2015, foi un sociólogo, catedrático universitario e político vasco.
Traxectoria Cursou os seus estudos en Teoría Política na Universidade de Múnic, onde se doutorou, e en Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid. Desenvolveu o seu labor educativo na Universidade de Deusto (1977-2011) onde foi catedrático de Socioloxía, director do máster sobre Xestión do Coñecemento e decano da Facultade en dúas ocasións. Tamén dirixiu a Escola de Maxisterio. No edito político, foi o primeiro director xeral de Política Lingüística do Goberno vasco, sendo lehendakari Carlos Garaikoetxea.
Foi autor de diversas publicacións sobre a situación social e política do País Vasco como Pueblo vasco y soberanía: aproximación histórica y reflexión ética, La democracia a debate. Democracia y participación ou o libro La soberanía en relación al pueblo vasco: dos siglos de confrontación 1802-2002, aproximación histórica; ademais colaborou en obras colectivas como Debate sobre economía. La crisis anunciada ou Política y valores en Vasconia.
Notas
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en Azpeitia