Daniel Maeztu Pérez, máis coñecido como Dani Maeztu, nado en Durango, Biscaia, 1974, é un avogado e político vasco de ideoloxía independentista vasca, parlamentario vasco de Aralar e concelleiro de Durango pola mesma formación política.
Traxectoria profesional Licenciado en Dereito pola UPV/EHU e especializado en temas ambientais, é recoñecida a súa traxectoria en diversos grupos ecoloxistas, como Bizkaiko AHTren Aurkako Asanblada (Asemblea contra o Tren de Alta Velocidade de Biscaia) e AHT Gelditu! Elkarlana. Ademais, desempeña labores de avogacía desde o seu propio despacho en Durango.
Traxectoria política Membro de Aralar dende o ano 2002, resultou elixido concelleiro de Durango nas eleccións municipais de 2003. Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2009 encabezou as listas dese partido por Biscaia, obtendo un escano.
Durante o V Congreso de Aralar, celebrado en setembro de 2011, foi elixido membro da executiva, e máis tarde foi nomeado vicecoordinador.
Segue sendo membro do Parlamento Vasco ó conseguir revalidar a súa acta parlamentaria nas eleccións do 21 de outubro de 2012, nas que se presentou no posto número 4 nas listas da coalición EH Bildu por Biscaia.
Notas
Categoría:Concelleiros do País Vasco Categoría:Nados en 1974 Categoría:Políticos de Aralar Categoría:Políticos de EH Bildu Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en Durango, Biscaia