Jens Emil Mungard, nado o 9 de febreiro de 1885 en Keitum e finado o 13 de febreiro de 1940 no campo de concentración de Sachsenhausen, foi un escritor alemán en frisón setentrional.

Traxectoria miniatura|Monólito dedicado a Mungard en Sachsenhausen

Naceu na illa de Sylt, era o fillo máis vello de Nann Peter Mungard. autor dun dicionario da variedade frisoa local. Perdeu á súa nai cando tiña tres anos e educouno unha súa tía. Dende novo interesouse pola poesía e a mitoloxía. Logo de casar en 1910 asumiu a facenda paterna en Keitum, así e todo apenas daba para vivir e finalmente perdeu a granxa, divorciouse en 1932 e rompeu coa súa familia, e mesmo en 1934 deixou a illa temporalmente.

Tras a vitoria do nazismo Jens esperaba unha promoción da cultura frisoa mais axiña quedou decepcionado coa actitude dos novos gobernantes, denunciou nalgúns poemas o réxime nacionalsocialista, ridiculizando o seu antisemitismo e negándose a permitir a tradución ao alemán da súa poesíaTom Blass (2016) The Naked Shore: Of the North Sea Bloomsbury, p. 135. En 1935 detivérono por primeira volta e polos seus contactos con movementos frisóns occidentais cualificárono como "nacionalmente pouco fiable"Jens Mungard en Gegen Diktatur, e estableceuse en Flensburg baixo vixilancia da Gestapo"Ausstellung: Ströntistel En Dünemruusen. Das Leben des friesischen Dichters Jens Emil Mungard" Nordfriesen Magazin, 6 de marzo de 2013. En 1938 prohibíronlle escribir pero non fixo caso"Jens Emil Mungard: Sylts größter, unbekannter Dichter" shz.de, 6 de febreiro de 2013 e a finais de 1938 ingresou no campo de concentración de Sachsenhausen, onde morreu en 1940, logo de pasar alí 377 días.

Obra En 1909 publicou os seus primeiros poemas en libros de lectura frisóns, e a partir de 1911 en diversas publicacións, en especial no Sylter Zeitung. Catalogáronse máis de 700 poemas, seis pezas teatrais, e numerosos textos en prosa da súa autoría.

Notas

Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Nados en Schleswig-Holstein Categoría:Internados en campos de concentración Categoría:Escritores en lingua frisoa setentrional Categoría:Asasinados polo réxime nazi