Locucións Avogado das silveiras: aplícase a quen, sen ter o título de avogado, presume de saber de leis. Tamén, a quen adoita actuar de mala fe para provocar disputas e preitos dos que tirar algún proveito. Fillo de tralas silveiras: fillo de solteira. Ser coma unha ovella atada a unha silva: mostrar pouca disposición.
Refraneiro Ano de amoras, ano de chorasReal Academia Galega 1913, s. v. ano.Eladio Rodríguez González, s. v. ano.. Pouca lá e polas silveirasEquivale a eramos poucos e pariu a avoa.. Se San Xoán chora, a silveira non dá mora. Se San Xoan chora, a silveira non dá moras.Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.
Cantigueiro A silva que me picou/ ela no camiño queda,/ inda me non picou silva/ que me non vingase delaXaquín Lorenzo Fernández, 47.. A silveira prendediza/ prende no aro da poza;/ tamén os amores prenden/ no curazón dunha mozaXaquín Lorenzo Fernández, 47. No orixinal: de unha.. Antes quero á miña porta/ unha silva que me pique/ que non unha mala lengoa/ que a miña honra me quite<ref>Xaquín Lorenzo Fernández, 41.</ref>. Arriba raposo,/que estás tras do toxo,/non comas o año/a Pedro Castaño/que vai na ribeira/catar a manteiga/pra a vella parida/que está na silveira/con feixe de estelas/queimando as canelas. Dices que non pode ser/ silva verde dar un cravo,/ védelo eiquí ben bonita/ criado no monte bravoXaquín Lorenzo Fernández, 70.. Foi a merla onde a formiga/ e pedíulle un pan prestado;/ a formiga lle repuxo:/ Mentras andas na silveira,/ chirlo merlo, chirlo merlo,/ traballa de vrau/ pra comer de inverno. Moreniña, moreniña,/ morena coma unha mora;/ non sei que ten o moreno/ que a todo o mundo namoraXaquín Lorenzo Fernández, 105.. O crego da miña aldea/ ten as cirolas rachadas/ que llas rachou a silveira/ por correr tras das criadas. O paxaro cando canta/ mete o rabo na silveira,/ esí fai a boa moza/ cando non hai quen a queira.Xaquín Lorenzo Fernández, 122. O paxaro, cando canta,/ mete o rabo nas silveiras;/ tamén o meten as mozas/ cando non ten quen os queira. O reiseñol cando canta/ mete o pico na silveira,/ tamén eu me adivertía/ cunha meniña solteira.Xaquín Lorenzo Fernández, 123. Quen me dera miña nai/ anque fora dunha silva,/ que anque me a silva picara/ eu sempre era a súa fillaXaquín Lorenzo Fernández, 137.. Teño unha flor de silveira/ que me deu o meu amor/ cando viñamos da festa,/ da festa da ConceiciónXaquín Lorenzo Fernández', 152. Festa de Santa María a Real de Entrimo, o 15 de agosto.. Teño unha silveira á porta/ que de contado me prende,/ teño unha mala veciña/ que sen diñeiro me vendeXaquín Lorenzo Fernández, 153.. Tu disme que non me queres,/ non me dá pena maldita,/ que a mancha dunha mora/ con outra verde se quitaXaquín Lorenzo Fernández, 157..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
silva