Jurdan Martitegi Lizaso, nado en Durango, Biscaia 10 de maio de 1980, é un membro do grupo terrorista nacionalista vasco Euskadi Ta Askatasuna (ETA). É coñecido por ser a cabeza do comando militar da banda dende finais de 2008 até que o 18 de abril de 2009, cando foi arrestado por policía francesa. É considerado como un dos membros máis perigosos de ETA.
Gañou prominencia na sección militar de ETA por liderar o 'comando Biscaia' após o cesamento da violencia no 2006 xunto con Arkaitz Goikoetxea. Ascendeu ó nivel máis alto do liderado militar de ETA co arresto en decembro de 2008 Aitzol Iriondo alias Gurbita quen substituíra a Miguel de Garikoitz Aspiazu Rubina alias Txeroki, arrestado menos dun mes antes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil de Martitegi na páxina web da Ertzaintza
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades do País Vasco Categoría:Membros de ETA Categoría:Nados en Durango, Biscaia