Sant Joan de Vilatorrada é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Bages. Atópase a 3 km da cidade de Manresa.
O núcleo orixinario chamábase Sant Martí de Torroella. En 1937 o concello pasou a chamarse Vilatorrada de Cardener e despois da guerra recuperou o nome de Sant Martí. En 1962 pasou a chamarse Sant Joan de Torroella e en 1981 cambiouse polo actual Sant Joan de Vilatorrada.
Tiña en 2014 unha poboación de 10.733 habitantes agrupados en 3 entidades de poboación: a capital Sant Joan de Vilatorrada, a entidade municipal descentralizada de Sant Martí de Torroella e a pequena localidade de Joncadella.
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona