Xabier Larena Martínez, nado en Santurtzi o 30 de outubro de 1945, foi un político e loitador contra o franquismo vasco, un ex-membro de ETA.
Biografía Estudou economía e ingresou en ETA. O 6 de marzo de 1969, foi detido pola policía franquista e xulgado no Proceso de Burgos en 1970, baixo a acusación de ter participado na morte de Melitón Manzanas, e no que foi condenado a morte e 30 anos en prisión.40 aniversario do Proceso de Burgos en El Mundo Por mor da presión internacional foi conmutada a cadea perpetua e foi enviado para cumprir a pena en Cáceres. Foille aplicada a Lei de Amnistía española de 1977, pero o 22 de maio de 1977, foi expulsado a BélxicaXabier Larena na Enciclopedia Vasca Auñamendi cun estatuto de refuxiado político xunto con Jokin Gorostidi, Mario Onaindia, Teo Uriarte e Unai Dorronsoro.Cinco prisioneros vascos cumplirán su extrañamiento en Bélxica , 22 de maio de 1977
Cando regresou o día 23 de xullo de 1977Estos son los regresados, El País, 23 de xullo de 1977 integrouse en Euskadiko Ezkerra, un partido co cal foi concelleiro na cidade de Santurtzi en 1981. Tamén traballou como profesor de éuscaro. No ano 2000 renegou publicamente do seu pasado en ETA xunto con Teo Uriarte, Mario Onaindia, José María Dorronsoro e Xabier Izko de la Iglesia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Foto Xabier Larena (1981) na proclamación da tregua de ETA pm
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Santurtzi Categoría:Membros de ETA Categoría:Políticos de Euskadiko Ezkerra