Javier Etxebarrieta Ortiz, nado en Bilbao, Biscaia o 14 de outubro de 1944, e finado en Tolosa, Guipúscoa o 7 de xuño de 1968, máis coñecido como Txabi Etxebarrieta, foi un destacado dirixente de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) nos anos 60, coñecido por ser o autor material do primeiro asasinato desta organización e tamén por ser o primeiro militante de ETA morto nun enfrontamento armado coa Garda Civil, polo que se converteu nunha icona dentro da contorna de ETA e da esquerda abertzale.
Traxectoria O 7 de xuño de 1968, o coche no que viaxaban Etxebarrieta e o tamén activista Iñaki Sarasketa foi detido por un control da Garda Civil en Aduna (Guipúscoa). Temendo que fosen descubertos, Txabi Etxebarrieta descendeu do coche e disparoulle ó axente malpicán José Antonio Pardines Arcay. Foi o primeiro asasinato de ETA.
Etxebarrieta e Sarasketa déronse á fuga refuxiándose na casa dun cura de Tolosa. Tras permaneceren unhas horas refuxiados decidiron abandonar a casa parroquial, sendo parados inmediatamente por axentes da Garda Civil que aínda non coñecían as súas identidades, durante o cacheo non detectaron a pistola que portaba Sarasketa, con todo si atoparon a de Etxebarrieta, nese momento iniciouse un tiroteo no que resultou morto Txabi Etxebarrieta con dúas feridas de bala en Benta Haundi (Tolosa). Iñaki Sarasketa logrou escapar do tiroteo apuntando coa súa arma ó condutor dun coche, ó cal obrigou a transportarlo até a Igrexa de Errezil, onde se refuxiou para ser detido ó día seguinte.
Posteriormente Sarasketa foi sometido a un Consello de Guerra, o primeiro tras a guerra civil española, no que foi condenado á morte. Coa intercesión ante Francisco Franco do Xeneral das Xesuítas, o pai Pedro Arrupe, foi conmutada a pena de morte pola de reclusión e, brutalmente mallado, ingresou en prisión, onde pasou 9 anos até a amnistía de 1977.Clemencia para un etarra e denuncia de torturasDeclaracións de Sarasketa sobre as torturas que sufriuActualmente Sarasketa condena a loita armada e vive afastado da política.
Notas
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Finados en 1968 Categoría:Membros de ETA