María Carme da Silva Méndez, nada en Pontevedra o 26 de decembro de 1966, é unha política galega do Bloque Nacionalista Galego.

Traxectoria É licenciada en química pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2012 foi deputada da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia. Concelleira do BNG en Pontevedra e tenenta de alcalde dende 2015, en 2016 foi elixida membro da Executiva Nacional do BNG."Ana Pontón encabeza una candidatura al BNG que renueva a menos de la mitad de sus caras" Faro de Vigo, 21/2/2016 .

É coautora do libro Pontevedra, outra mobilidade, outra cidade. A experiencia de transformación 1999-2015 da Fundación Pons.

Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi candidata do BNG número un ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra e menos dun mes despois foi de número 6 na lista do BNG ao concello de Pontevedra nas eleccións municipais do mesmo ano. De novo no mesmo ano, foi candidata número un do BNG nas Eleccións xerais de novembro e repetiu candidatura e posto na lista do BNG nas Eleccións xerais do 23 de xullo de 2023. Ao igual que nas anteriores convocatorias estatais, non tivo os suficientes votos para obter escano, porén, aos poucos días dos comicios, foi nomeada senadora por designación autonómica do Parlamento de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Políticos do BNG Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1966 Categoría:Deputados da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Senadores de España polo BNG