O Gran Premio do Canadá de 1989 (oficialmente o 1989 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 18 de xuño de 1989 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá. A carreira foi a sexta rolda da tempada .

Foi a primeira vitoria de Fórmula 1 para o piloto belga Thierry Boutsen, quen gañou tres carreiras de Fórmula Un en total, todo durante o seu período de dous anos con Williams-Renault, e foi a primeira vitoria para a asociación Williams-Renault, que durou ata o final da tempada e chegou a gañar catro Campionatos de Pilotos e cinco Campionatos do Mundo de Construtores nese momento.

Alain Prost (McLaren) logrou a súa primeira pole position desde o Gran Premio de Portugal de 1988, parando a carreira do seu compañeiro de equipo Ayrton Senna de 8 poles consecutivas ata esa carreira.

Carreira

A carreira suscitábase interesante desde o punto de vista da grella de saída. Alain Prost rompera a racha de oito pole position seguidas de Ayrton Senna, co que o duelo entre ambos pilotos de McLaren podía ser espectacular. Máis aínda co engadido da choiva que caera o domingo pola mañá que deixou o asfalto húmido para o momento da saída. A maioría de pilotos partiron con pneumáticos intermedios.

Nigel Mansell e Alessandro Nannini pasaron polo carril de boxes trala volta de formación para cambiar a gomas lisas pero no momento da saída arrincaron demasiado pronto, o que resultou na súa descualificación da carreira. Na cabeza, Prost tomou o liderado e empezou a tirar. Era unha oportunidade fantástica para o francés, que malia todo tivo que abandonar na segunda volta por unha rotura de suspensión.

Cunha pista cada vez máis seca, empezaron a chegar as primeiras paradas a boxes para poñer pneumáticos lisos. Isto deixou a Riccardo Patrese á fronte da clasificación por diante de Thierry Boutsen e Ayrton Senna. Foi durante este período cando se viviu a situación máis curiosa da carreira cun Stefan Johansson que volveu a pista trala súa parada cun cable de aire dos boxes enganchado ao alerón traseiro do seu Onyx. Tras ignorar os avisos para que volvese a boxes, foi descualificado.

Pero cando parecía que a carreira ía camiño a un final de seco, empezou a chover de novo. Unha vez máis, carril de boxes ocupouse con moitas paradas a boxes. A todo isto, Patrese mantivera pneumáticos de auga, polo que gañou unha gran vantaxe sobre os rivais, sendo os seus perseguidores máis próximos Derek Warwick co Arrows e Nicola Larini co Osella. Por detrás, Senna viña desatado, quitándose a rivais de encima cunha facilidade pasmosa.

A 30 voltas do final, Warwick perdeu o liderado en favor de Senna. Patrese parara a boxes para cambiar uns pneumáticos que estaban demasiado desgastados e perdera a cabeza de carreira. O brasileiro parecía lanzado cara a unha vitoria segura mentres os dous Williams ocupaban as posicións de podio con Boutsen por diante de Patrese, grazas á recente parada en boxes deste último.

A tres voltas do final, o motor de Senna rompeu e o piloto de McLaren tivo que retirarse do gran premio. Isto deixou a vitoria en bandexa de prata a Thierry Boutsen, que non só conseguiu o seu primeiro triunfo na Fórmula 1 senón que tamén lle deu a Williams a súa primeira vitoria desde e o primeiro éxito da asociación Williams-Renault.

A segunda posición foi para Riccardo Patrese e para sorpresa xeral, o terceiro home no podio foi Andrea de Cesaris. O italiano conseguía o impensable co Dallara da Scuderia Italia. Mentres tanto, Nelson Piquet celebraba un cuarto posto que era de feito a súa primeira posición nos puntos de todo 1989. Por detrás, René Arnoux finalizou nunha quinta posición que supuxo a súa última vez nos puntos no ano da súa retirada da Fórmula 1.

O chamado, punto de honra, foi para Alex Caffi co outro Dallara, dándolle ao equipo o seu mellor día na Fórmula 1. Como curiosidade, Jonathan Palmer, pai de Jolyon Palmer obtivo a súa única volta rápida neste gran premio, ao volante dun Tyrrell no que tamén foi o seu último ano na máxima categoría. Mentres tanto, a loita polo campionato entre Senna e Prost non fixera máis que empezar.

Clasificación

Pre Cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 8 Stefano Modena Brabham-Judd 1:23.398 — 2 17 Nicola Larini Osella-Ford 1:24.550 +1.152 3 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:24.764 +1.366 4 21 Alex Caffi Dallara-Ford 1:24.778 +1.380 5 7 Martin Brundle Brabham-Judd 1:25.275 +1.877 6 37 Bertrand Gachot Onyx-Ford 1.25.952 +2.554 7 33 Gregor Foitek EuroBrun-Judd 1:26.365 +2.967 8 18 Piercarlo Ghinzani Osella-Ford 1:26.807 +3.409 9 34 Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha 1:27.073 +3.675 10 41 Joachim Winkelhock AGS-Ford 1:28.545 +5.147 11 39 Volker Weidler Rial-Ford 1:31.455 +8.057 12 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha 1:53.327 +29.929 13 32 Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford 1:59.693 +36.295

Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 2 Alain Prost McLaren-Honda 1:20.973 1:22.269 — 2 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:21.049 1:21.269 +0.076 3 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 1:21.783 1:23.738 +0.810 4 28 Gerhard Berger Ferrari 1:21.946 1:22.305 +0.973 5 27 Nigel Mansell Ferrari 1:22.165 1:22.751 +1.192 6 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 1:22.311 1:24.004 +1.338 7 8 Stefano Modena Brabham-Judd 1:22.612 1:23.599 +1.639 8 21 Alex Caffi Dallara-Ford 1:22.901 1:24.957 +1.928 9 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 1:23.050 1:24.444 +2.077 10 30 Philippe Alliot Lola-Lamborghini 1:23.059 — +2.086 11 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:23.252 1:25.195 +2.279 12 9 Derek Warwick Arrows-Ford 1:23.348 1:23.833 +2.375 13 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:23.542 1:24.279 +2.569 14 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:23.665 1:23.876 +2.692 15 17 Nicola Larini Osella-Ford 1:23.799 1:25.289 +2.826 16 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 1:23.828 1:24.693 +2.855 17 15 Maurício Gugelmin March-Judd 1:23.863 1:24.734 +2.890 18 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:23.974 1:24.918 +3.001 19 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 1:24.029 1:25.825 +3.056 20 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:24.296 1:25.412 +3.323 21 16 Ivan Capelli March-Judd 1:24.406 1:25.094 +3.433 22 25 René Arnoux Ligier-Ford 1:24.558 1:25.394 +3.585 23 38 Christian Danner Rial-Ford 1:25.298 1:24.727 +3.754 24 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 1:24.786 1:25.570 +3.813 25 40 Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:24.793 1:25.246 +3.820 26 31 Roberto Moreno Coloni-Ford 47:24.470 1:25.037 +4.064 27 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 1:25.051 1:26.358 +4.078 28 29 Yannick Dalmas Lola-Lamborghini 1:25.317 1:25.161 +4.188 29 20 Johnny Herbert Benetton-Ford 1:25.335 1:25.282 +4.309 30 26 Olivier Grouillard Ligier-Ford 1:25.382 1:25.289 +4.316

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 69 2:01:24.073 6 9 2 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 69 + 30.007 3 6 3 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 69 + 1:36.649 9 4 4 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 69 + 1:41.484 19 3 5 25 René Arnoux Ligier-Ford 68 + 1 volta 22 2 6 21 Alex Caffi Dallara-Ford 67 + 2 voltas 8 1 7 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 66 Motor 2 8 38 Christian Danner Rial-Ford 66 + 3 voltas 23 Ret 31 Roberto Moreno Coloni-Ford 57 Diferencial 26 Ret 9 Derek Warwick Arrows-Ford 40 Motor 12 Ret 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 35 Trompo 14 Ret 17 Nicola Larini Osella-Ford 33 Eléctrico 15 Ret 16 Ivan Capelli March-Judd 28 Trompo 21 Ret 30 Philippe Alliot Lola-Lamborghini 26 Trompo 10 DSC 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 13 Descualificado 18 Ret 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 11 Trompo 24 Ret 15 Maurício Gugelmin March-Judd 11 Eléctrico 17   Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 6 Caixa de cambios 4 Ret 40 Gabriele Tarquini AGS-Ford 6 Trompo 25 Ret 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 3 Trompo 16 Ret 2 Alain Prost McLaren-Honda 2 Suspensión 1 DSC 27 Nigel Mansell Ferrari 0 Descualificado 5 Ret 8 Stefano Modena Brabham-Judd 0 Accidente 7 Ret 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 0 Accidente 11 DSC 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 0 Descualificado 13 Ret 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 0 Eléctrico 20 NSC 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd NSC 29 Yannick Dalmas Lola-Lamborghini NSC 20 Johnny Herbert Benetton-Ford NSC 26 Olivier Grouillard Ligier-Ford NSCP 7 Martin Brundle Brabham-Judd NSCP 37 Bertrand Gachot Onyx-Ford NSCP 33 Gregor Foitek EuroBrun-Judd NSCP 18 Piercarlo Ghinzani Osella-Ford NSCP 34 Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha NSCP 41 Joachim Winkelhock AGS-Ford NSCP 39 Volker Weidler Rial-Ford NSCP 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha NSCP 32 Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford

Notas Líderes por volta: Alain Prost 1 (1), Ayrton Senna 30 (2-3, 39-66), Riccardo Patrese 31 (4-34), Derek Warwick 4 (35-38), Thierry Boutsen 3 (67-69) Nigel Mansell e Alessandro Nannini foron descualificados logo de comezar desde o pitlane antes de que se iniciase a carreira. Ambos pilotos entraran en boxes para poñer slicks logo da volta de quecemento e cando chegaron ao final do pit lane non atoparon nin luces nin comisarios que lles impedisen volver á pista (a ausencia de luces é xeralmente un sinal de que a carreira comezou). A pesar de que o problema foi causado polos comisarios da carreira por non ter o as luces do carril de boxes acesas, e que os comisarios do pit lane non fixeron o seu traballo correctamente deténdoos ao saír dos boxes porque a carreira non comezara, Mansell e Nannini foron descualificados. Stefan Johansson viu a bandeira negra porque volveu a pista trala súa parada en boxes cun cable de aire enganchado ao alerón traseiro do seu Onyx. Tras ignorar os avisos para que volvese a boxes, foi descualificado. O triplo campión do mundo Nelson Piquet anotou os seus primeiros puntos da tempada que foron suficientes para manter a Lotus fora da pre-cualificación logo do Gran Premio do Reino Unido de 1989 (onde de novo terminou 4º). Tamén anotara os seus primeiros puntos de cando gañou no Gran Premio do Canadá de 1984, aínda que a diferenza de 1984 non era o defensor do campionato mundial. Primeira vitoria: Renault motor V10. Tamén foi a primeira vitoria dun coche con motor Renault desde que Ayrton Senna gañou o Gran Premio de Detroit de 1986 nun Lotus 98T turbo e a primeira vitoria de Renault cun motor aspirado naturalmente. ünica volta rápida de: Jonathan Palmer Primeiro podio: Scuderia Italia / Dallara Derradeiro podio: Andrea de Cesaris Derradeiros puntos: René Arnoux Derrardeira volta en cabeza: Derek Warwick Primeira descualificación - Nigel Mansell Derradeira descualificación - Stefan Johansson, Alessandro Nannini Aínda que Brabham dominara polo xeral as pre-cualificacións antes do Canadá, Martin Brundle tivo problemas na sesión e non logrou precualificar para a carreira. Agás as súas dúas descualificacións en e , ou cando se retirou dunha careira en protesta contra as condicións (que ocorrería na última carreira de 1989 en Australia), esta sería a carreira máis curta da carreira de Alain Prost con McLaren, durando só ata o comezo da segunda volta antes de que un fallo da suspensión o obrigara a retirarse. Tamén sería a segunda carreira máis curta da súa carreira na F1 tralo infame Gran Premio do Xapón de 1990. Este foi o único Gran Premio onde ambos coches de Dallara remataron nos puntos. Esta foi a primeira vez desde que o Benetton B186 BMW de Gerhard Berger gañou o Gran Premio de México de 1986 (39 carreiras) que non a vitoria non foi para un automóbil que non usba un motor Honda, Ferrari ou TAG-Porsche. Esta foi tamén a primeira vez desde que Keke Rosberg gañou o Gran Premio de Australia de 1985 que un piloto que non fora Senna, Prost, Piquet, Mansell ou Berger gañaba un Gran Premio.

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Alain Prost 29 2 Ayrton Senna 27 3 Riccardo Patrese 18 4 Thierry Boutsen 13 5 Nigel Mansell 9

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Honda56 2 Williams-Renault31 3 Benetton-Ford13 4 Ferrari9 5 Dallara-Ford8

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas