Jafudà Cresques, nado en Palma en c. 1350, e finado en Barcelona, en 1410 ou 1427, tamén coñecido como Jehudà Cresques, Jaume Ribes e Cresques lo Juheu ("Cresques o Xudeu"),"Cresques lo Juheu", foi un cartógrafo xudeu de orixe mallorquina e, probablemente, o home que coordinou os descubrimentos marítimos da escola naval de Portugal a partir de Sagres, a comezos do século XV.

Era o fillo doutro cartógrafo notable, Cresques Abraham, nado en Mallorca. Jafudà frecuentou a corte do rei Pedrp III, Xoán I e Martiño o Humano, onde fixo varios traballos de cartografía: xunto co seu pai, el foi, probablemente, o autor do Atlas catalán de 1375, considerado unha obra mestra de cartografía na Europa medieval. Tamén fixo un mapa do mundo para a sinatura comercial toscana Datini, e recibiu distincións e a protección dos reis de Aragón.

Nado no seo dunha familia xudía, converteuse ó cristianismo como resultado dos saqueos do barrio xudeu de Palma en 1391 e, a continuación, adoptou o nome de Jaume Ribes (Jacobus Ribus, en latín). Como tal, parece que foi quen de ser nomeado coordinador portugués da cartografía da escola naval de Sagres na década de 1420; houbo un tal mestre Jacomé de Mallorca con este cargo. Moitos estudosos cren que era a mesma persoa, pero a cuestión é controvertida.

Notas

Categoría:Nados en 1350 Categoría:Nados en Palma Categoría:Cartógrafos