A Primera Catalana (ata 2011 Preferent Territorial ou Regional Preferent) é a quinta categoría da liga de fútbol en Cataluña por debaixo da Terceira División e por encima da Segona Catalana. Está organizado pola Federació Catalana de Futbol.
Historia A Regional Preferent nace con ese nome na tempada 1968-69 para ser a categoría intermedia entre a Terceira División e a chamada Primera Categoria. A categoría estaba formada por un único grupo de 20 equipos. Non foi ata a tempada 1983-84 cando se forman dous grupos de 18 equipos para dar resposta ao crecente número de licenzas de clubs que se produciran nos últimos anos.
Na tempada 1991-92 coincidindo coa creación da Primera Divisió catalana prodúcese o primeiro cambio de nome da categoría, que pasa a chamarse Preferent Territorial. Na tempada 2011-12 desaparece a antiga Primera Divisió catalana e a Preferent pasa a chamarse Primera Catalana pero co mesmo sistema de dous grupos.
Sistema de competición Está formada por dous grupos de 18 equipos cada un, repartidos seguindo un criterio xeográfico. No grupo 1 compiten os equipos das provincias de Barcelona e Girona e no grupo 2, os de Lleida e Tarragona, máis algún de Barcelona. Isto é debido ao maior número de licenzas da provincia de Barcelona que obriga a desprazar algúns equipos das comarcas barcelonesas máis occidentais ao grupo 2.
soben 3 equipos a Terceira División, os dous campións e o gañador dunha eliminatoria a dobre partido entre os dous subcampións. Baixan 9 equipos a Segona Catalana, os catro últimos de cada grupo e o peor quinto clasificado pola cola.
Dende a tempada 2011-12, os dous campións xogan unha final a partido único e en campo neutral para decidir o gañador do título de Campión de Cataluña de Afeccionados.
Campións Dous grupos (dende 1985) Dende a tempada 2011-12 está destacado o Campión de Cataluña de Afeccionados. TempadaGrupo 1Grupo 2 2015-2016 UE Vilassar de Mar UE Castelldefels 2014-2015 CE Júpiter CD Morell 2013-2014 CF Peralada FC Martinenc 2012-2013 Cerdanyola del Vallès FC FC Ascó 2011-2012 UE Figueres UE Rapitenca 2010-2011 CF Ripollet CDC Torreforta 2009-2010 UE Aiguafreda CE Olímpic Can Fatjó 2008-2009 UE Rubí Gimnàstica Iberiana 2007-2008 CF Olesa CD Marianao Poblet 2006-2007 CP San Cristóbal FC Benavent 2005-2006 UE Caprabo CF Igualada 2004-2005 CD Blanes CD Tortosa 2003-2004 CE Sant Celoni UE Rapitenca 2002-2003 UE Rubí CE Pubilla Cases 2001-2002 FE Figueres UE Poble Sec 2000-2001 UE Sants CD Morell 1999-2000 UE Rubí CD El Corte Inglés 1998-1999 UE Cerdanyola de Mataró UE Castelldefels 1997-1998 CE Manresa AE Prat 1996-1997 FC Sant Cugat Esport UE Valls 1995-1996 CD Masnou UE Cornellà 1994-1995 UE Badaloní Joventut Bisbalenca CF 1993-1994 CF Barceloneta CF Tremp 1992-1993 UE Vic CF Gavà 1991-1992 UD Cerdanyola de Mataró FC La Seu d'Urgell 1990-1991 CE Premià CE Manresa 1989-1990 Vilobí CF CD Tortosa 1988-1989 CE Cristinenc FC Sant Cugat Esport 1987-1988 UA Horta FC Martinenc 1986-1987 CP San Cristóbal FC Santboià 1985-1986 UDA Gramenet CF Reus Deportiu 1984-1985 CD Blanes FC Martinenc
Grupo único (1968-1984) TempadaCampión 1983-1984 AEC Manlleu 1982-1983 Girona FC 1981-1982 CD Banyoles 1980-1981 FC Santboià 1979-1980 CE L'Hospitalet 1978-1979 FC Vilafranca 1977-1978 UE Olot 1976-1977 CE Europa 1975-1976 CF Reus Deportiu 1974-1975 CD Masnou 1973-1974 CE Manresa 1972-1973 Barcelona Atlètic 1971-1972 CD Masnou 1970-1971 UE Lleida 1969-1970 CE Júpiter 1968-1969 CE Mataró
Véxase tamén Divisións rexionais de fútbol en España
Categoría:Divisións rexionais de fútbol en España Categoría:Fútbol en Cataluña