A LU-133 (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Vilamar (Barreiros) e Reme (Ribadeo); atravesa os concellos de Barreiros e Ribadeo. Ten unha lonxitude de 21,24 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-634 en Vilamar (Barreiros) e finaliza nun cruzamento coa N-642 en Reme (Ribadeo).
Percorrido
O seu punto máis alto está na rotonda de cruzamento coa LU-P-6103 (Trabada-Barreiros), onde abandona o val de Cabarcos para meterse na cunca do río Grande (naquela zona, aínda rego de Lexoso). O paso entre Barreiros e Ribadeo é pola chamada ponte de Remourelle (Arante).
A outra derivación importante da estrada está en Cubelas, a LU-P-5207, estrada que a conecta con Ribadeo.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Lugo Categoría:Barreiros Categoría:Ribadeo