José Rivero de Aguilar Gutiérrez de la Peña, nado en Santiago de Compostela o 28 de xullo de 1864 e finado na mesma cidade o 30 de marzo de 1929, foi un avogado, empresario e político galego.
Traxectoria Dende 1897 foi profesor na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela e en 1911 foi nomeado catedrático de Historia do Dereito. Participou na Sociedad de Gas y Electricidad de Santiago e na Sociedad de Seguros Mutuos contra Incendios e foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1920-1926). Tamén exerceu a presidencia da Cámara Agrícola y Pecuaria. Militante do Partido Liberal na facción gasetista, foi deputado provincial e concelleiro en Santiago de Compostela.
Obras Programa de Instituciones de Derecho Romano, 1893.
Vida familiar Casou con Ramona Otero Bárcena (irmá de Joaquín Otero Bárcena) e foi pai de José María e Ramón Rivero de Aguilar Otero.
Véxase tamén Bibliografía Biografía no Diccionario de catedráticos españoles de Derecho
Ligazóns externas O fiscal que acusou a Bóveda e tantas outras historias da familia Rivero de Aguilar
Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos