Peppa Pig é unha serie de televisión británica de animación infantil dirixida e producida por Astley Baker Davies, que foi emitida orixinalmente o 6 de maio de 2004, e é distribuída por E1 Kids. Tivo un hiato de dous anos e volveu emitirse o 14 de febreiro de 2015. No presente, foron emitidas catro tempadas, estando a quinta aínda en emisión. Emítese en 180 territorios.
O 31 de decembro de 2019, Hasbro adquiriu Entertainment One, incluíndo a franquía de Peppa Pig, logo dun acordo por valor de 3,8 billóns de dólares. O 31 de xaneiro de 2020, Harley Bird anunciou que abandonaría o papel de Peppa Pig.
O 16 de marzo de 2021, anunciouse que a serie sería renovada até o ano 2027. Porén, os creadores orixinais e o estudio (Astley Baker Davies) abandonarán a produción e serán substituídos por Karrot Entertainment (produtores de Sarah & Duck).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2004 Categoría:Series de televisión do Reino Unido